📗 Libro en gallego CAMIÑOS SEN NOME (GALLEGO)

ANNA CASTAGNOLI

OQO EDITORA - 9788496788756

Infantil 5 a 6 años Álbumes ilustrados

Sinopsis de CAMIÑOS SEN NOME (GALLEGO)

Un pardal nun campo nevado deserto, unha tartaruga que camiña lentamente polo xardín, unha estrela fugaz, unha araña que lanza o seu primeiro fío de prata… Non todos os camiños teñen nome. Pero con orellas de morcego ou con orellas submarinas e con palabras de colibrí, podemos oír e cantar a poesía das pequenas cousas que nos rodean. Prosa poética, linguaxe directa e palabras sinxelas para unha voz melancólica que lembra a infancia. Trátase da voz dun adulto que anima os nenos a escoitaren con orellas de bucina, a abriren os ollos e prestaren atención aos camiños sen nome. Camiños silenciosos, como unha estrela fugaz que cae, como unha araña que lanza o seu primeiro fío de prata ata a póla máis alta, como unha garza que traza unha liña no ceo, no seu voo cara ao norte… Anna Castagnoli crea un discurso harmónico de gran calidade plástica e literaria. No marco dunha atmosfera misteriosa e engaiolante, a autora convida o público lector a reparar en todos eses pequenos detalles que o rodean. Pero ademais, para os nenos, a percepción temperá da lírica, sempre resulta de moita utilidade para reforzar o seu proceso de maduración intelectual. As imaxes engarzan perfectamente coas palabras, e colaboran a crear un universo paralelo de detalles, símbolos, metáforas e poesía dentro do noso mundo cotián. De repente, pousamos a mirada nas pequenas cousas que temos preto, e descubrimos que son as únicas importantes.

Ficha técnica


Ilustrador: Anna Castagnoli

Editorial: Oqo Editora

ISBN: 9788496788756

Idioma: Gallego

Número de páginas: 32

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 21/06/2007

Año de edición: 2007

Plaza de edición: Es

Especificaciones del producto



Opiniones sobre CAMIÑOS SEN NOME (GALLEGO)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana