📗 Libro en gallego CANCIONEIROS DOS GOLIARDOS

(Cancioneiro de Cambridge. Cancioneiro de Arundel. Cancioneiro de Ripoll)

Anónimo

RINOCERONTE EDITORA S.L. - 9788417388393

Poesía Poesía clásica extranjera hasta el siglo XVIII

Sinopsis de CANCIONEIROS DOS GOLIARDOS

Na Europa dos séculos XI e XII un grupo de magníficos poetas cantaron cancións en latín que chegaron ata nós compiladas en coleccións. De moitas destas destas pezas consérvase a música, e a maioría delas son de autor anónimo, algunhas están copiadas en códices fermosamente iluminados, mentres outras se agochan entre os pergameos dedicados a outros mesteres non tan poéticos. A meirande sona téñena merecidamente os Carmina Burana, cancións do mosteiro bávaro de Beuren, recreadas polo compositor Carl Orff en 1935 na cantata escénica do mesmo nome. Non obstante, os Carmina Burana non son o único froito desta vigorosa lírica latina medieval. Por fortuna, nas abadías e mosteiros europeos os estudosos atoparon outras antoloxías de cancións que dende o século xix se clasificaron coa denominación de cantos goliardos. Este é o caso dos tres cancioneiros de poemas e cancións dos poetas goliardos que traducimos aquí. Entre as coleccións máis valiosas de poesía lírica latina goliárdica están os Carmina Cantabrigiensia (Cancioneiro de Cambridge), cuxa composición adoita situarse a finais do século XI, polo que son ata o de agora o testemuño máis antigo. A exquisita colección chamada Carmina Arundeliana (Cancioneiro de Arundel), realizada en pleno século xii, contén na súa meirande parte poemas amorosos que poderían deberse ao afamado poeta Pedro de Blois, aínda que a súa autoría non está demostrada. Entre todos os cancioneiros dos goliardos teñen voz propia os Carmina Rivipullensia (Cancioneiro de Ripoll), vinte cancións de amor de altísima calidade poética, que son a única mostra de lírica latina medieval na Península Ibérica, e que son case contemporáneas dos Carmina Arundeliana. O noso traballo reproduce do xeito máis fiel posíbel a estrutura formal dos poemas.

Ficha técnica


Traductor: María Teresa Jiménez Pérez

Editorial: Rinoceronte Editora S.L.

ISBN: 9788417388393

Idioma: Gallego

Número de páginas: 294

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 15/06/2020

Año de edición: 2020

Plaza de edición: Es
Número: 34

Especificaciones del producto



Escrito por Anónimo


Introducción notas y propuesta didáctica de Teresa Shaw. Teresa Shaw (Montevideo, 1951) realizó estudios de literatura en el Instituto de Profesores Artigas y en la Universidad de la República de Uruguay. Desde 1976 vive en Barcelona donde se licenció en Filología Hispánica y donde trabaja desde hace años como profesora en secundaria. Tiene publicados los libros de poemas Evocación de la luz (Barcelona 1999), Destiempo (Barcelona 2003) y El lugar que contemplas (Barcelona 2009).
Descubre más sobre Anónimo
Recibe novedades de Anónimo directamente en tu email

Opiniones sobre CANCIONEIROS DOS GOLIARDOS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana