Adolfina, Rosa, Eva, Prudencia, Asunción e Manuela son os nomes propios de seis das miles de cantareiras ou pandeireteiras que ao longo do tempo crearon e conservaron unha rica poesía popular oral, que foi transmitida de xeración en xeración. Grazas a mulleres coma elas, chegaron a nós coplas, ritmos, bailes, contos, xogos, remedios e costumes. Sen ese prezado saber, a música galega que escoitas hoxe en día e a literatura que les non serían as mesmas. Por iso, esas mulleres son as homenaxeadas no Días das Letras Galegas de 2025. Este libro é unha viaxe ao seu tempo e ao seu lugar, durante a que descubrirás cousas sorprendentes e coñecerás xente á que, como a ti, a move a curiosidade.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788411106191
Idioma: Gallego
Número de páginas: 96
Encuadernación: Tapa blanda
Año de edición: 2025
Plaza de edición: Es
Colección:
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante
INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante
Alto: 19.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Grueso: 0.9 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Maria Lado
María Lado (Cee, 1979) é escritora, tradutora e actriz. Como poeta, publicou «A primeira visión» (1997), «casa atlántica, casa cabaret» (Xerais, 2001), «berlín» (2005), «nove» (2008), «Amantes» (2011), «oso, mamá, si?» (Xerais, 2015) ou «Gramo Stendhal» (2020). É autora tamén do álbum infantil «Porque Cuqui non quere ir á lavadora» (2014) e, como narradora, publicou «Entre os dous hai un río» (2016). Con Lucía Aldao forma o dúo poético Aldaolado, que publica en 2020 o libro de poemas «Ninguén morreu de ler poesía» (Xerais, 2020). Con motivo da homenaxe polo Día das Letras Galegas ás cantareiras e á poesía popular oral, publica o libro infantil «Canta, miña compañeira. O legado das cantareiras» (Xerais, 2025).