📗 Libro en gallego CARMIN

Edicións Xerais - 9788483028575

Más de 13 años Libros de acción y aventura

Sinopsis de CARMIN

Nun mesmo día Rafa Meruelo coñecerá dúas noticias inesperadas que mudarán o transcurso da súa vida: atopará un traballo como responsable dunha estación de transferencia e reciclaxe de lixo e será abandonado por Andrea, a súa moza, que gañou unha praza de profesora de Historia da Arte na Universidade de Boston. O reencontro con Carme, unha compañeira da facultade e unha avaría fortuíta nunha das tobeiras da planta onde traballaba, que lle permitirá atopar un estraño mazo de cartas, darán pé ao desenvolvemento dunha investigación que levará a Rafa e ao inspector Melle á seguir as pegadas dunha muller descoñecida. Así arrinca o argumento de Carmín, unha magnífica novela de intriga coa que Domingo Tabuyo debuta na narrativa galega. Ambientada na vila de Cambados e dotada dun poderoso alento narrativo, a investigación acometida por Rafa Meruelo e o inspector Melle na procura dunha muller descoñecida engaiola ao lector ata o seu sorprendente remate.Nun mesmo día Rafa Meruelo coñecerá dúas noticias inesperadas que mudarán o transcurso da súa vida: atopará un traballo como responsable dunha estación de transferencia e reciclaxe de lixo e será abandonado por Andrea, a súa moza, que gañou unha praza de profesora de Historia da Arte na Universidade de Boston. O reencontro con Carme, unha compañeira da facultade e unha avaría fortuíta nunha das tobeiras da planta onde traballaba, que lle permitirá atopar un estraño mazo de cartas, darán pé ao desenvolvemento dunha investigación que levará a Rafa e ao inspector Melle á seguir as pegadas dunha muller descoñecida. Así arrinca o argumento de Carmín, unha magnífica novela de intriga coa que Domingo Tabuyo debuta na narrativa galega. Ambientada na vila de Cambados e dotada dun poderoso alento narrativo, a investigación acometida por Rafa Meruelo e o inspector Melle na procura dunha muller descoñecida engaiola ao lector ata o seu sorprendente remate.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788483028575

Idioma: Gallego

Número de páginas: 216

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 25/09/2002

Año de edición: 2002

Plaza de edición: Es

Colección:
INFANTIL E XUVENIL - FÓRA DE XOGO

Número: 62
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 1.4 cm
Peso: 233.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por DOMINGO TABUYO ROMERO


DOMINGO MIGUEL TABUYO ROMERO domingotabuyo@gmail.com (Pontevedra 1959) Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Especialidade de Arte. Profesor de Ensino Secundario con destiño no IES Asorey de Cambados. Foi Concelleiro e Portavoz do Grupo do PSdeG-PSOE en Cambados 1992-2011, Deputado por Pontevedra no Congreso nas VIII e IX Lexislatura: 2004-2011, polo PSdeG-PSOE., Membro da Asociación de Escritores en Língua Galega e Membro do PEN Clube Escritores de Galicia. Colaborador de diversas publicacións culturais como: Rollo Klave, Poesía de Galicia, Ria do Ocio do Faro de Vigo, Cerna, Enormic Banda. Realizou análise e crítica literaria na Guia dos Libros novos e no Faro da Cultura, Suplemento do Faro de Vigo. Membro do Comité Organizador do Ano Cabanillas en Cambados 2009. Coordenador das Xornadas: Ramón Cabanillas e a Modernidade na Poesía Galega, Cambados 27/28 de Novembro de 2009, organizado polo PEN Clube e a Dirección Xeral de Libros Arquivos e Bibliotecas do Ministerio de Cultura. Membro do Comité Organizador do Ano Asorey en Cambados 2011. Ten publicado Poemario ''Manual de Urxencia e Retornos'', accésit do Premio González Garcés 1993, Deputación da Coruña. Poemario ''Balsaín BluesPremio Concello de Ourense 1997. Poemario: ''Nos tempos de Invernía'', Premio Avelina Valladares do Concello da Estrada, 1999. Poemario ''A Luz Secreta'', 2002, Colección Tambo da Deputacion de Pontevedra. Poemario ``Cadernos de París´´, 2010, Edicións da Frouma, Follas Novas Santiago de Compostela. Novela ``Carmín´´, 2002, Edicións Xerais de Galicia. Infantil e Xuvenil: ``A Viaxe de Vionta´´, Ed. Everest Galicia 2007. Novela: ``Svea Kött´´, 2011, Edicións Xerais de Galicia. Obras colectivas: ``Vis a Vis: 36 poemas e unha idea´´, Vilagarcia 1997, ``Vento Mareiro: aniversario dun libro mítico´´, Cambados 1998 ``O Cancioneiro e o Mar´´, Vilaxoán de Arousa, 1998. ``Abraço. Poesía Colectiva´´. Ediçao AALF, Freamunde, Portugal, Xullo 2002. ``Negra Sombra´´, Espiral Maior/Xerais/Federación de Libreiros, 2003 (Contra a Marea Negra) e ``Poetas con Rosalía´´, V encontro, Padrón 2010.
Descubre más sobre DOMINGO TABUYO ROMERO
Recibe novedades de DOMINGO TABUYO ROMERO directamente en tu email

Opiniones sobre CARMIN


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana