CATAPULTA

XERAIS - 9788475079288

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de CATAPULTA

Catapulta, un libro de dez relatos cheos de humor desbordante que fai as ledicias de quen o le. Por Catapulta pasean eses protagonistas comúns, rutineiros, dos que tanto gusta o autor, que sempre teñen algo que dicir e que na maior parte dos casos nos sorprenden no momento máis inesperado do relato.Alfonso Álvarez Cáccamo búrlase mesmo do oficio dos escritores en relatos como "Asesoría literaria" e "Priscilo sen medo" (un conto que acabará por sobrecoller ó lector), xogo do que tampouco deixa fuxir á crítica. O humor chega a ser o tema central de "Velocidade da luz", relato fermoso e sorpresivo. En "Catapulta", o relato que dá nome ó volume, Alfonso narra as peripecias de dous estudiantes que están a facer o exame de selectividade. Hai ademais outro novo factor, presente en moitos dos relatos, que constitúe un aliciente engadido para o lector: os finais sorpresivos (como acontece en "O inmenso sacerdote"), que ás veces son cómicos pero outras deixan paso a un lóstrego de tensión de incerteza.Todo un pracer, mergullarse neste dez novos relatos de Alfonso Álvarez Cáccamo, destas xentes de oficio, deste labirinto dos sorrisos e as sorpresas. Moi recomendable.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788475079288

Número de páginas: 103

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 16/05/2001

Año de edición: 1995

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por Alfonso Álvarez Cáccamo


Alfonso Álvarez Cáccamo (Vigo 1952) é escritor e profesor. Colaborador habitual na prensa galega, fundamentalmente no Faro de Vigo. É autor e coordinador do blog de opinión «Pensamentos de Olafsson Mokk». Publicou os libros de poemas Na flor do vento (1999) e Sebes contra o vento (2009). Entre a súa extensa obra narrativa publicou as novelas Peito de vimbio, premio Café de Catro a Catro de Novela (Xerais, 1988); As baleas de Eduardo Reinoso, premio Xerais de Novela (Xerais, 1990); Xente de mala morte, premio Álvaro Cunqueiro de Narrativa (1993); Catapulta (Xerais, 1995); O Espírito de Broustenac, premio Manuel García Barros de Novela (Xerais, 1996); O Bosque de Levas (2002); A revolución dos globos (2008); O Destino de Clarescura Lens (2012) e Os Gotten (Xerais, 2014).
Descubre más sobre Alfonso Álvarez Cáccamo
Recibe novedades de Alfonso Álvarez Cáccamo directamente en tu email

Opiniones sobre CATAPULTA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana