dade: 5-10 anos Cataventos e Cía, de Celia Díaz Núñez, foi a obra gañadora do II Premio Internacional Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (2004, modalidade infantil). Trata a simpática e romántica historia da princesa Amanda e o poeta Leonardo, que contan coa axuda dos personaxes máis singulares do castelo, para faceren triunfar o amor verdadeiro ante os "interesados" desexos do rei Filemón VI para casar a súa filla co home máis rico do reino.
Ficha técnica
Ilustrador: Xulia Barros
Editorial: Baia Edicions
ISBN: 9788496893368
Idioma: Gallego
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 31/05/2008
Año de edición: 2008
Plaza de edición: A Coruña
Colección:
Barriga Verde
Barriga Verde
Número: 4
Especificaciones del producto
Escrito por Celia Díaz Núñez
Celia Díaz Núñez (O Páramo, 1961), licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica, desenvolveu a súa actividade docente como profesora de ensino secundario e universitario en Ourense. Deuse a coñecer como narradora en 2003, cando publicou Adeliña, novela gañadora do premio Pura e Dora Vázquez, que volveu gañar en 2012 con Rugando ou o misterio do cuarto secreto (Galaxia, 2021). É autora de obras de teatro infantil, como Cataventos e cía. (Premio Barriga Verde de textos teatrais, 2004), Velaí vai o papaventos (2014); O castelo de Pena Redonda, o máis tolo da contorna (Premio o Facho de teatro infantil 2016) e Unha estrela para Amina (Premio o Facho de teatro infantil, 2019; Galaxia, 2020); e do libro de pasatempos Restra de letras (2002), do ensaio literario Voces na terra. Quiroga e os seus escritores (1995) e de libros de texto para a aprendizaxe da lingua galega. En Editorial Galaxia tamén publicou a novela Unha verdade amarga (2017), os libros de relatos Corte e confección (2019) e As faces do diamante (2023), así como a novela para público xuvenil A boca do monte (2016).