CIENCIA DE FACER AS CAMAS

XERAIS - 9788475078021

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de CIENCIA DE FACER AS CAMAS

As mulleres que teñen fe na literatura non adoitan fiarse dos escritores. E levan algo de razón.Dun libro é posible arrincar as páxinas que non nos pracen, esquecer as que nos crispan, botar ó lume as que xa gastamos coa lectura ou as que non pensamos ler. En troques, dun señor que escribe non é tan fácil esmoucar e desbotar os seus defectos nin as súas ideas nin as súas miradas.As mulleres acaban crendo no que escribes ou no que es, pero case que nunca nas dúas cousas.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788475078021

Número de páginas: 110

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 16/05/2001

Año de edición: 1994

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por Xosé Cermeño


Xosé Cermeño (A Coruña, 1959) é sociólogo, escritor e creador de televisión. Foi director da primeira serie de ficción en galego (Os outros feirantes, TVG, 1990) e creador de Pratos combinados, a primeira telecomedia na TVG (1995-2006), unha produción xerminal no noso audiovisual. Imaxinou e dirixiu programas de éxito, como Larpeiros (2007-2019), ademais de ser autor e guionista doutras producións. Publicou Ciencia de facer as camas (1994), Os nervios da cabeza (1994, Premio Cidade de Lugo), Historia de Abbadón (1991, Premio Leliadoura de poesía), libros de gastronomía, de narrativa infantil e de divulgación. Días felices con Fábia (Galaxia, 2023), unha historia portuguesa de sedución e enganos, é a súa ultima novela. Dedicou un ensaio —Un bacalao por bandera— á historia cultural e gastronómica do bacallau. Débelle moito á literatura, pero tamén á pesca, á cociña, á antropoloxía da alimentación, ás películas de Billy Wilder e aos paseos pola cidade.
Descubre más sobre Xosé Cermeño
Recibe novedades de Xosé Cermeño directamente en tu email

Opiniones sobre CIENCIA DE FACER AS CAMAS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana