Os nervios da cabeza son 17 contos breves, brevísimos, precedidos por un breve comentario, tamén, do escritor evidencialista e novo Premio Blanco Amor na súa edición de 1994, Xosé Cid Cabido. Os relatos, de ben diferente tematica e feitio, sabotean o ritmo e a disposicion real dos acontecementos case tanto como prefiren o humor, a ironia e a negacion de toda importancia para os seus personaxes.Historias curtas, de personaxes convencionais, narradas con elegancia, concision e brevidade. Historias abertas a calquera situacion imaxinable que salientan afeito de que os habitantes da cidades grandes, medianas, pequenas ou crecentes, os usuarios de autobus falangueiros, os pais de familia confiados, os escritores de oficio menor, os profesores de ciencias fisicas, as adolescentes no abrente do amor, os emigrantes retornados, os cantantes de rock, os empregados de banca en Soria, os musicos de Jazz, as bañistas suicidas, os irmas xemelgos, as protistutas concienzudas, os matrimonios cruzados, os mounstros papanenos, son xente toda ela que se comporta coma se non existisen normas, nin convencions e cada momento fose a mellor ocasion para facer unha talada irrepetible.Os nervios da cabeza, como a Ciencia defacer as camas, e a demostracion da eficacia literaria da arte da brevidade, da que o autor se confesa debedor de mestres desta arte como Julio Ramon Ribeiro ou Augusto Monterroso. Mais alen, da brevidade e dos rachons e alustros de humor que salfiren todo o texto, Cermeño nunha paciente busca da palabra xusta, ensambla conceptos e reflexions que constituen unha aceda parodia do noso tempo e da condicion humana.
Ver más