leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego CONEXION TUBINGA

Edicións Xerais- 9788497829038

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de CONEXION TUBINGA

O padre Amador prohibiu a lectura do libro Existe Deus, de Hans Küng, no Seminario Divino Mestre de Ourense, unha obra na que se intenta demostrar racionalmente a existencia de Deus. Cales son os motivos desa prohibición? Tito Besteiro, un seminarista aspirante a sacerdote e admirador de Nietzsche, intenta desentrañar os motivos da prohibición, percorrendo un intrigante camiño que o levará á cidade alemá de Tubinga, onde perdura a historia do tradicional enfrontamento entre a Igrexa tradicionalista de Ratzinger e a vangardista de Küng. O castigo que sofre polo seu atrevemento ábreo á aventura do amor e axúdalle a superar a misoxinia que lle inculcaron, pero, ao tempo, pono en situación de ter que decidir sobre o seu futuro. Conexión Tubinga, a primeira novela que publica Alberto Canal, é unha intriga teolóxica que encerra a historia dun rapaz que trata de buscar a súa identidade e o sentido da vida nun ambiente de represión emocional e sexual. Esta novela foi a Finalista da XXV edición do Premio Xerais.O padre Amador prohibiu a lectura do libro Existe Deus, de Hans Küng, no Seminario Divino Mestre de Ourense, unha obra na que se intenta demostrar racionalmente a existencia de Deus. Cales son os motivos desa prohibición? Tito Besteiro, un seminarista aspirante a sacerdote e admirador de Nietzsche, intenta desentrañar os motivos da prohibición, percorrendo un intrigante camiño que o levará á cidade alemá de Tubinga, onde perdura a historia do tradicional enfrontamento entre a Igrexa tradicionalista de Ratzinger e a vangardista de Küng. O castigo que sofre polo seu atrevemento ábreo á aventura do amor e axúdalle a superar a misoxinia que lle inculcaron, pero, ao tempo, pono en situación de ter que decidir sobre o seu futuro. Conexión Tubinga, a primeira novela que publica Alberto Canal, é unha intriga teolóxica que encerra a historia dun rapaz que trata de buscar a súa identidade e o sentido da vida nun ambiente de represión emocional e sexual. Esta novela foi a Finalista da XXV edición do Premio Xerais.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788497829038

Idioma: Gallego

Número de páginas: 224
Tiempo de lectura:
5h 17m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 17/11/2008

Año de edición: 2008

Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.6 cm
Peso: 342.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Alberto Canal


Alberto Canal (Casal de Maus-Ourense, 1967). Despois dunha década dedicado ao xornalismo na prensa escrita, na actualidade traballa no eido da comunicación empresarial en Caldaria. Como escritor, afirma que envorca nas súas obras boa parte do que é como persoa, e parte da convicción de que as persoas nos imos configurando a partir dos libros que lemos. En 2008 publicou a súa primeira novela, «Conexión Tubinga» (Xerais), unha intriga filosófica sobre a existencia de Deus, que resultou finalista do Premio Xerais dese ano e do San Clemente de 2009. En 2016 saíu «O amor nos escuros días de Birkenau» (Xerais), sobre a maldade gratuíta do réxime nazi, e finalista tamén do Premio Xerais. En «O trapecista da malla de rombos» (Xerais, 2018) narra a súa experiencia no circo de Bemposta. A súa novela máis recente é «Carolina» (Xerais, 2022).
Descubre más sobre Alberto Canal
Recibe novedades de Alberto Canal directamente en tu email

Opiniones sobre CONEXION TUBINGA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana