Editorial Galaxia, S.A. - 9788482888637
Incluído na lista de White Ravens 2006 da Biblioteca Internacional de Múnic. ¿Que conseguiron os pais e os avós do Antón cando tentaron que bebese a cunca do leite quente? Antón non quería comer. Pensaba que a cunca do leite era un mar branco cheo de néboa quente que lle subía polo nariz. Sentía que naquel momento viña Pedro O Chosco para pecharlle os ollos lentamente. Antón pediu que lle trouxeran o seu can, que lle fixeran un barco con miga de pan, que lle trouxeran un vento para botar fóra toda a néboa, que lle enviasen un rabaño de ovelliñas..., pero Antón seguía sen ter fame e non quería comer, cada vez tiña máis sono. Ninguén conseguiu que Antón tomase o seu leite, pero si conseguiron outra cousa ben diferente.
Especificaciones del producto
Escrito por Oli
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!
Tapa blanda
Varios autores