📗 Libro en gallego CORTE E CONFECCION

Editorial Galaxia, S.A. - 9788491514138

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de CORTE E CONFECCION

“Escribir unha historia é coma facer un traxe—pensou mentres a máquina de coser debuxaba un carreiro de puntadas miúdas sobre a tea—. Aínda que non o pareza, o xastre e a escritora contan con moi similares ingredientes e da súa habelencia en empregalos dependerá o resultado final da súa obra.O primeiro que se precisa para confeccionar un traxe é unha tea de calidade. Á hora de escollela hai que ter en conta a súa composición: de tergal, de flanela, de cheviot, de pana, de maó, de liño…, que iso vai no estilo, nas modas ou nas estacións, claro; pero tamén que sexa vistosa e elegante, con boa caída, e cun deseño que se adapte ao gusto do cliente: de pata de galo, de príncipe de Gales, de ollo de perdiz, de raia diplomática, de mil raias…”Así comeza este novo libro de Celia Díaz Núñez, un texto que nos di que, ás veces, contar unha boa historia é igual que coser. O xastre usa tesoiras grandes para cortar os panos, cinta métrica, xiz…e a escritora, a palabra para tecer historias coa linguaxe dos soños

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788491514138

Idioma: Gallego

Número de páginas: 112
Tiempo de lectura:
2h 35m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 22/11/2019

Año de edición: 2019

Plaza de edición: Vigo

Colección:
Literaria

Número: 402
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Celia Díaz Núñez


Celia Díaz Núñez (O Páramo, 1961), licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e Filoloxía Hispánica, desenvolveu a súa actividade docente como profesora de ensino secundario e universitario en Ourense. Deuse a coñecer como narradora en 2003, cando publicou Adeliña, novela gañadora do premio Pura e Dora Vázquez, que volveu gañar en 2012 con Rugando ou o misterio do cuarto secreto (Galaxia, 2021). É autora de obras de teatro infantil, como Cataventos e cía. (Premio Barriga Verde de textos teatrais, 2004), Velaí vai o papaventos (2014); O castelo de Pena Redonda, o máis tolo da contorna (Premio o Facho de teatro infantil 2016) e Unha estrela para Amina (Premio o Facho de teatro infantil, 2019; Galaxia, 2020); e do libro de pasatempos Restra de letras (2002), do ensaio literario Voces na terra. Quiroga e os seus escritores (1995) e de libros de texto para a aprendizaxe da lingua galega. En Editorial Galaxia tamén publicou a novela Unha verdade amarga (2017), os libros de relatos Corte e confección (2019) e As faces do diamante (2023), así como a novela para público xuvenil A boca do monte (2016).
Descubre más sobre Celia Díaz Núñez
Recibe novedades de Celia Díaz Núñez directamente en tu email

Opiniones sobre CORTE E CONFECCION


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana