Sinopsis de COS SINAIS DA AUGA (EDICIÓN BILINGÜE ASTURIANO - GALEGO)
A poesía que se compila nestas páxinas está alicerzada, xa desde o debut da autora, no regreso á súa orixe, tanto na paisaxe rural da infancia e da mocidade coma, de xeito especial, nas raíces familiares; o que a poeta chama “a casa dos pais”.
Son tamén versos nos que, xunto ás palabras ditas, cobran unha relevancia non menor as que quedan sen dicir, cando os silencios pasan a xogar un papel primordial nas escollas da memoria. Sucede iso, nomeadamente, mais non só, cando o instante da escrita se sente enneboeirado polas dúbidas existenciais. Desde os seus tenteos abrolla entón un clima onírico e cunha forte carga simbólica que pide, para ser gozado en todos os seus ricos matices, unha lectura atenta. Poderase así ir desentrañando a auténtica identidade dun eu lírico que avanza entre o magma propio do pulo creador e un ritmo de estraña fascinación.
Traducida e prologada con admiración e grande acerto polo tamén poeta Xavier Rodríguez Baixeras, esta antoloxía en edición bilingüe asturiano-galego é a primeira selección da obra de Lourdes Álvarez que se publica noutra lingua peninsular.
Ficha técnica
Traductor: Xavier Rodríguez Baixeras
Ilustrador: Almudena Fernández Fariña
Editorial: Faktoría K de Libros
ISBN: 9788419213570
Idioma: Asturiano
Número de páginas: 160
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 09/10/2025
Año de edición: 2025
Plaza de edición: Pontevedra
Colección:
Tambo
Tambo
Alto: 14.5 cm
Ancho: 21.0 cm
Especificaciones del producto
Opiniones sobre COS SINAIS DA AUGA (EDICIÓN BILINGÜE ASTURIANO - GALEGO)
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!