O presente continuo é o tempo verbal do permanente correr, aparentemente inapreixable porque en canto se toca, convértese automaticamente en pasado. É o tempo do constante movemento, da vida que non cesa, do latexar das relacions que perduran fronte a ventos e mareas, fronte a maremotos, mesmo. Mais se cadra hai xeitos de apreixalo, de abrazalo, de entendelo nun contexto. A traves dos ecos de gravacions, que foron nun momento o inmediato e que de socate volven e forman ondas novas de presente. Presente continuo e esa gravacion atopada no camiño por quen viviu e se deten a esculcar. Unha gravacion que marca os dez anos daquela primeira viaxe a India en 1994, da relacion cambiante e fluida con lugares que xa non definen ben os nomes coñecidos, con culturas, con persoas, con formas de vida que son xa parte do cotian, do ser afortunadamente descentrado. Novamente, o tempo xoga con nos e escoitamos esa gravacion no presente que marca os case vinte anos de enguedellarse coa outra, porque o tempo nunca se deten.Presente continuo e a voz que tenta lembrar que o pasado so ten relevancia cando permite construir un presente diferente.O presente continuo é o tempo verbal do permanente correr, aparentemente inapreixable porque en canto se toca, convértese automaticamente en pasado. É o tempo do constante movemento, da vida que non cesa, do latexar das relacions que perduran fronte a ventos e mareas, fronte a maremotos, mesmo. Mais se cadra hai xeitos de apreixalo, de abrazalo, de entendelo nun contexto. A traves dos ecos de gravacions, que foron nun momento o inmediato e que de socate volven e forman ondas novas de presente. Presente continuo e esa gravacion atopada no camiño por quen viviu e se deten a esculcar. Unha gravacion que marca os dez anos daquela primeira viaxe a India en 1994, da relacion cambiante e fluida con lugares que xa non definen ben os nomes coñecidos, con culturas, con persoas, con formas de vida que son xa parte do cotian, do ser afortunadamente descentrado. Novamente, o tempo xoga con nos e escoitamos esa gravacion no presente que marca os case vinte anos de enguedellarse coa outra, porque o tempo nunca se deten.Presente continuo e a voz que tenta lembrar que o pasado so ten relevancia cando permite construir un presente diferente.
Ver más