📗 Libro en gallego CRISE GLOBAL E CRISE DA POLITICA

Unha ollada dende Galicia

Editorial Galaxia, S.A. - 9788498655506

Política Política nacional

Sinopsis de CRISE GLOBAL E CRISE DA POLITICA

Logo da publicación de O futuro é posible en 2012, Emilio Pérez Touriño volve tirar do prelo outra obra, desta volta relacionada coa actualidade: Crise global e crise da política. O expresidente da Xunta de Galicia debulla neste libro unha ollada á crise que nonse limita a análise senón que formula unha proposta dende Galicia.Efectivamente, tal como o describe no limiar o xornalista Fernando Salgado:"Emilio Pérez Touriño proponnos neste ensaio múltiple, composto por artigos publicados na prensa e textos ata agora inéditos, unha lúcida reflexión sobre o [...] dramático día despois. [...]Un cambio de época que anuncia un novo paradigma socioeconómico, probablemente con novos actores e distintas políticas, malia a teima das forzas hexemónicas en restaurar o vello modelo neoliberal que foi precisamente o que rebentou, con estrépito, a partir do afundimento de Lehman Brothers".A reflexión de Pérez Touriño realízase dende unha perspectiva galega e co propósito de promover o debate que precede á acción transformadora. Trátase, por unha banda, da visión analítica dun economista perspicaz que repensa en clave inconfundiblemente galega a xénese, desenvolvemento e impacto da crise económica. Pola outra, pon encol da mesa a proposta dun político experimentado que demostra que é posible devolverlle a ilusión a Galicia...

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788498655506

Idioma: Gallego

Número de páginas: 200
Tiempo de lectura:
4h 42m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 29/09/2014

Año de edición: 2014

Plaza de edición: Es

Colección:
Ensaio

Número: 77
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Peso: 1.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Emilio Pérez Touriño


Descubre más sobre Emilio Pérez Touriño
Recibe novedades de Emilio Pérez Touriño directamente en tu email

Opiniones sobre CRISE GLOBAL E CRISE DA POLITICA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana