A imaxe dun ou de varios paraugas, con xente ou sen xente, reclama a nosa atención antes de comezarmos a ler cada unha das historias que encabezan. Non sabemos con seguridade se foi antes a foto ou o relato, pero en realidade tanto ten, porque ambas as dúas cousas se complementan e forman parte dun mesmo acto creador. Ó comezarmos a lectura váisenos desvelando e explicando a imaxe, agás en «Mónica dos dous paraugas» e mais en «A volta do rodeo», relatos nos que temos que agardar ó final para descubrir o que une imaxe e texto.Habitantes do país da chuvia, Paco Martín e Daniel Puente Bello poñen o foco nos paraugas para facelos protagonistas deste libro. "Hai moitas historias de paraugas na miña provincia galega e todas as que coñezo supoñen que os paraugas voan" Álvaro CunqueiroA imaxe dun ou de varios paraugas, con xente ou sen xente, reclama a nosa atención antes de comezarmos a ler cada unha das historias que encabezan. Non sabemos con seguridade se foi antes a foto ou o relato, pero en realidade tanto ten, porque ambas as dúas cousas se complementan e forman parte dun mesmo acto creador. Ó comezarmos a lectura váisenos desvelando e explicando a imaxe, agás en «Mónica dos dous paraugas» e mais en «A volta do rodeo», relatos nos que temos que agardar ó final para descubrir o que une imaxe e texto. Habitantes do país da chuvia, Paco Martín e Daniel Puente Bello poñen o foco nos paraugas para facelos protagonistas deste libro."Hai moitas historias de paraugas na miña provincia galega e todas as que coñezo supoñen que os paraugas voan" Álvaro Cunqueiro
Ficha técnica
Ilustrador: Dnl
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788491210917
Idioma: Gallego
Número de páginas: 152
Tiempo de lectura:
3h 33m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 22/09/2016
Año de edición: 2016
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - MILMANDA
EDICIÓN LITERARIA - MILMANDA
Alto: 21.5 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 1.4 cm
Peso: 275.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Paco Martín
Paco Martín (Lugo, 1940). Mestre xubilado. Colaborador en diversos medios de comunicación, foi Premio Puro Cora de xornalismo, 1994. É autor de libros de texto para o ensino da lingua galega. Entre a trintena de libros que escribiu, destaca como o máis premiado "Das cousas de Ramón Lamote" (1985), Premio Barco de Vapor (1984), Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil (1986), e Lista de Honra do IBBY (1986). En Xerais ten publicados: "Servando I, rei do mundo enteiro" (1990), "Un robot pequeno" (1991), "A rula, o peluche e a nena" (2015) e "De paraugas" (2016).