📗 Libro en gallego DE PROFUNDIS

AUTOR-EDITOR - 9788461247653

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de DE PROFUNDIS

Érase unha vez unha casa no medio do Mar. A casa tiña unha torre que miraba o Poñente, unha escalinata no medio das augas e unha árbore, polo levante, que floreaba entre marzo e abril. Alí vivían, namorados, unha muller que tocaba o violonchelo e un pintor engaiolado polo Mar e as súas criaturas, polos segredos que gardan as súas profundidades, os seres marabillosos que el imaxinaba que os poboaban e polas costas de terras afastadas no cabo do mundo, ás que as augas podían conducir se se sabía.

Ficha técnica


Editorial: Autor-editor

ISBN: 9788461247653

Idioma: Gallego

Número de páginas: 90
Tiempo de lectura:
2h 3m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 18/11/2008

Año de edición: 2008


Especificaciones del producto



Escrito por Miguelanxo Prado


Miguelanxo Prado
Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958) é autor de banda deseñada, pintor e ilustrador.É director de “Viñetas desde o Atlántico”, o salón anual de cómic da cidade da Coruña. É autor dos seguintes libros: “Fragmentos de la enciclopedia délfica” (1985), “Sratos” (1987), “Quotidianía Delirante” (1988), “Crónicas incongruentes” (1990), “El manantial de la Noche (Manuel Montano)”, guión de F. Luna (1990), “Quotidanía Delirante II” (1990), “Páxinas Crepusculares (historias inducidas)” (1993), “Trazo de tiza” (1993), “Pedro e o lobo” (1994), “Unha carta atopada en Lisboa” (1995), “La ley del amor”, novela de Laura Esquivel (1995), “Tangencias” (19959, “Quotidanía delirante III” (1996), “Fantasmagories” (2000), “Quotidanía delirante, antoloxía” (2003), “Belo Horizonte” (2003) e “Contos de nadal”, sobre relatos de Manuel Rivas (2003). Ten ilustrados, entre outro, libros de X.L. Méndez Ferrín, Agustín Fernández Paz, Xabier P. Docampo, Ramón Caride, Manuel Rivas, Tucho Calvo, Marilar Aleixandre. Os seus traballos foron publicados tamén en “La Voz de Galicia”, “Tempos” e “El Dominical”. Creador da mascota e do contorno gráfico do “Xabarín Club”, da serie de animación “Os vixilantes do Camiño”, así como de personaxes da serie de animación “Homes de Negro (Men in Black)” para Columbia Pictures. Polo seu traballo recibiu numerosos premios internacionais.
Descubre más sobre Miguelanxo Prado
Recibe novedades de Miguelanxo Prado directamente en tu email

Opiniones sobre DE PROFUNDIS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana