Denso recendo a salgado son os fragmentos dun espello escachado por un golpe; as páxinas dunha intensa novela con moitas novelas dentro; unha historia de historias fragmentarias e ocasionais, tecida con fíos multicolores de personaxes que se entrelazan dende unha aparente desconexión inicial para acabar nunha frenética sinfonía vital, tráxica e vibrante, trepidante, delicada, por veces romántica, e a un tempo crúa e dura como a realidade que lle serve de marco de referencia.Ao longo da novela, aparecen vidas anónimas e singulares que teñen en común a pertenza a unha xeración de mozos e mozas nados nunha vila mariñeira que podería ser calquera das que se deitan na Ría de Arousa. Coas súas mudanzas de ritmo, cos panos de fondo das bateas, do narcotráfico e de Compostela, Denso recendo a salgado e como unha montaña rusa que nos fai sentir a vertixe da existencia.Denso recendo a salgado son os fragmentos dun espello escachado por un golpe; as páxinas dunha intensa novela con moitas novelas dentro; unha historia de historias fragmentarias e ocasionais, tecida con fíos multicolores de personaxes que se entrelazan dende unha aparente desconexión inicial para acabar nunha frenética sinfonía vital, tráxica e vibrante, trepidante, delicada, por veces romántica, e a un tempo crúa e dura como a realidade que lle serve de marco de referencia.Ao longo da novela, aparecen vidas anónimas e singulares que teñen en común a pertenza a unha xeración de mozos e mozas nados nunha vila mariñeira que podería ser calquera das que se deitan na Ría de Arousa. Coas súas mudanzas de ritmo, cos panos de fondo das bateas, do narcotráfico e de Compostela, Denso recendo a salgado e como unha montaña rusa que nos fai sentir a vertixe da existencia.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788499141329
Idioma: Gallego
Número de páginas: 280
Tiempo de lectura:
6h 38m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 05/05/2010
Año de edición: 2010
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA
Alto: 22.0 cm
Ancho: 14.5 cm
Grueso: 2.3 cm
Peso: 421.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Manuel Portas
Manuel Portas (Barcelona, 1960) estreouse como narrador con Denso recendo a salgado (2010). Seguírona Un dedo manchado de tinta (2011), traducida para o italiano como Un dito macchiato d’inchiostro (2020), Faneca Brava (2013), Amor en alpargatas (2015), Lourenço, xograr (Premio García Barros, 2015), Por puntos (Premio Blanco Amor, 2019), Cadencias (2020) e Unha cervexa Chang (2022). Foi profesor de lingua e literatura no instituto Xelmírez I de Santiago, e colaborou en obras de carácter didáctico e publicacións pedagóxicas. Tamén se coñece polo seu labor no campo da análise sociolingüística, onde salienta o seu traballo Língua e sociedade na Galiza (1990), obra de referencia da sociolingüística galega. Colaborador de prensa e radio, a súa dedicación á res pública levouno a participar na vida política e a formar parte do goberno municipal de Compostela durante dous mandatos.