Este libro quere ser unha introdución á literatura, aínda que tamén debe ser o relato da conformación dun escritor. Porque escribir literatura é un oficio severo que conforma a persoa, porque un escritor é unha persoa conformada na súa natureza por ese oficio da palabra. Esta é unha visión personalísima da experiencia literaria, que Suso de Toro quixo compartir.En palabras do propio autor, «escritores e escritoras evolucionan como persoas, no curso do tempo, e como creadores literarios, no curso da súa obra e das súas porfías estéticas. Hai algún momento en que un olla atrás e hai algún momento posterior en que un comprende que a tarefa está feita: aí é cando semella natural compartir, repartir ou, simplemente, contar o vivido e o aprendido».Este libro quere ser unha introdución á literatura, aínda que tamén debe ser o relato da conformación dun escritor. Porque escribir literatura é un oficio severo que conforma a persoa, porque un escritor é unha persoa conformada na súa natureza por ese oficio da palabra. Esta é unha visión personalísima da experiencia literaria, que Suso de Toro quixo compartir.En palabras do propio autor, «escritores e escritoras evolucionan como persoas, no curso do tempo, e como creadores literarios, no curso da súa obra e das súas porfías estéticas. Hai algún momento en que un olla atrás e hai algún momento posterior en que un comprende que a tarefa está feita: aí é cando semella natural compartir, repartir ou, simplemente, contar o vivido e o aprendido».
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788491214663
Idioma: Gallego
Número de páginas: 192
Tiempo de lectura:
4h 31m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 24/01/2019
Año de edición: 2019
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - ALTERNATIVAS - Ensaio
EDICIÓN LITERARIA - ALTERNATIVAS - Ensaio
Alto: 18.0 cm
Ancho: 12.0 cm
Grueso: 2.0 cm
Peso: 232.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Suso de Toro
Suso de Toro (Santiago, 1956) é licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. En 2003 foille concedido o Premio Nacional de Narrativa. Como narrador publicou: "Caixón desastre" (1983, 1991), relatos, Premio Galicia da Universidade de Santiago; "Polaroid" (1986, 2021), relatos, Premio da Crítica Galicia; "Land Rover" (1988), novela; "Ambulancia" (1990, 2023), novela; "Tic-Tac" (1993, 2003), novela, Premio da Crítica Española 1994; "A sombra cazadora" (1994/2024), novela; "Conta saldada" (1996, 2017), novela; "Calzados Lola" (1997), novela, Premio Blanco Amor; "Círculo" (1998), relatos; "Non volvas" (2000), novela, Premio da Crítica Española; "Trece badaladas" (2002), novela, adaptada libremente ao cine por Xavier Villaverde co título homónimo (2003) e Premio Nacional de Narrativa; "Morgún (Lobo Máxico)" (2003), novela; "Home sen nome" (2006), novela; "Sete palabras" (2009), novela; "Somnámbulos" (2014), relatos; "Fóra de si" (2018), novela; "Un señor elegante" (2020), novela; "O segredo de Joseph Haydn" (2024), novela e «Conta, Sherezade» (2025), novela. Escribiu, entre outros, libros de xornalismo e ensaio: "F.M." (1991), "Camilo Nogueira e outras voces. Unha memoria da esquerda nacionalista" (1991), "O país da brétema" (2000, Xerais 2016), "A carreira do salmón" (2001), "Nunca máis Galiza á intemperie" (2002), "Españois todos" (2004), "Ten que doer" (2004), "Outra idea de España" (2005), "Outra Galiza" (2008), "Inmateriais. Vidas da nosa historia" (2013), "Humildar. Rituais despois de deus" (2017), "Dentro da literatura" (2019) e "Descubrindo Ana Pontón" (2023). Publicou ademais a obra de teatro "Unha rosa é unha rosa" (1997, 2023) e "Servicio de urxencias" (2002), guións de televisión.