📗 Libro en gallego DIARIO DE COMIDAS

Editorial Galaxia, S.A. - 9788482887685

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de DIARIO DE COMIDAS

A cociña como arte e a comida como pracer son os protagonistas de Diario de comidas, libro co que o poeta Rodríguez Baixeras inicia a súa obra en prosa. Ao longo do recorrer de todo un ano, o autor centra as súas vivencias nos momentos pasados arredor da mesa. Un libro para gozar das comidas e para as gorentar, tamén como materia literaria. A historia dos alimentos, os seus sabores e as súas texturas, as casas de comidas, a lembranza de lecturas e receitas, configuran un libro no que os praceres e os días se vencellan ao cotián acto da alimentación. Xavier Rodríguez Baixeras arrinca este diario en Estambul para o rematar nunha viaxe de Nadal a Florencia, o tempo que queda entre estas dúas datas configura un percorrido dun ano polas súas experiencias como amador da comida, nun relato no que a literatura e a cociña van da man, inseparablemente unidas. Moreas de curiosidades arredor da arte culinaria, da súa histoira, dos restaurantes e casas de comidas que visita o escritor, das lembranzas que lle suxire este ou aqueloutro manxar fan do Diario de comidas un libro cunha grande variedade de temas tratados con narturalidade, sabedoría e unha grande capacidade para contaxiar o entusiasmo pola cociña. Baixeras escribe para volver gozar das comidas e, ao falar delas, estende ese pracer ao mundo da literatura, contáxiallo aos lectores e lectoras a través dun relato cheo de interese que é moito máis que un diario gastronómico. Un libro que une inextricablemente a arte culinaria coa arte de contar.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788482887685

Idioma: Gallego

Número de páginas: 332
Tiempo de lectura:
7h 54m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 01/12/2004

Año de edición: 2004

Plaza de edición: Es

Colección:
Literaria

Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Xavier Rodríguez Baixeras


Descubre más sobre Xavier Rodríguez Baixeras
Recibe novedades de Xavier Rodríguez Baixeras directamente en tu email

Opiniones sobre DIARIO DE COMIDAS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana