A modo de diario, desde unha perspectiva vivencial, sen ningún tipo
de aspiración pretensiosa, abordo os temas que máis me preocupan.O concepto de identidade, a poesía e a ética son os tres eixos sobre
os que xiran estes textos, con distintas manifestacións dentro de cadaunha das materias.
No que atinxe á identidade, reflexiono sobre a galeguidade e a nociónde nacionalismo desde un punto de vista ontolóxico, baseándome
nas propias experiencias.Da ética, trato cuestións relacionadas coa educación na violencia,
no culto ó feo e no inmediato, alicerces que fomentan a deturpaciónda paisaxe, a concepción do amor en parella ou polos nosos maiores,
abandonados como electrodomésticos inservibles.Asemade reflexiono sobre o acaparamento de ideas nobres (o ben
e o mal, o xusto e o inxusto, o lícito ou o prohibido) pola relixión epolos gobernos de calquera signo.
Por último, a poesía, representación total da ética e da dignidade.Unha forma de coñecemento profundo. Como dixo Pessoa: comprender
sentindo moito.
Ficha técnica
Editorial: Laiovento
ISBN: 9788484874423
Idioma: Gallego
Número de páginas: 152
Tiempo de lectura:
3h 33m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 05/04/2019
Año de edición: 2019
Plaza de edición: Santiago de Compostela
Número: 370
Especificaciones del producto
Opiniones sobre DIARIO SEN DATAS DUNHA ABORIXE GALEGA
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!