“No arsenal bibliográfico de carácter científico que manexan as humanidades e, dentro delas, a socioloxía da linguaxe ou sociolingúística, hai, como é doadamente verificábel, fariña de primeira calidade e farelo. Hai obras que crían doutrina, combinan o máis rigoroso da elaboración de modelos teóricos co máis util(itario) para a transformación de pautas e condutas sociais, e resultan fundamentais, en certos momentos históricos, para orientaren e fortaleceren prácticas restauradoras de linguas en proceso de asimilación. Son alavanca, nunca obstáculo entorpecedor. Axudan á necesaria sistematización e esclarecen, tamén, a faramalla confusionista que outras obras teceron sobre o feito lingüístico e as súas graves implicacións sociais.
A obra que recensionamos pertence claramente ao grupo do primeiro elemento do binomio axiolóxico que trazamos arriba. Vanse cumprir trinta anos da súa primeira edición e mantén non só toda a súa vixencia analítica senón a súa practicidade, a súa máis plena actualidade. E non é dado histórico menor repararmos en que un libro xestado no tardofranquismo atravese a transición, sexa fundamental, premonitoriamente, na análise do marco legal-institucional que instaura o novo rexime (con herdanza ben visíbel do modelo anterior) e resulte utilísimo nos tempos actuais, onde tantos dogmas autori...
Ficha técnica
Traductor: María Pilar García Negro, Molexón D
Prologuista: Antonio Molexon Dominguez
Editorial: Laiovento
ISBN: 9788484870821
Idioma: Gallego
Número de páginas: 304
Tiempo de lectura:
7h 13m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 01/09/2005
Año de edición: 2005
Plaza de edición: Santiago de Compostela -
Número: 201
Alto: 21.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Especificaciones del producto
Opiniones sobre DIOMA E PODER SOCIAL
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!