📗 Libro en gallego DONA DE NOS

Baía Edicións A Coruña. S.L. - 9788499954066

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de DONA DE NOS

Gañadora do 10.º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2022O xurado valorou na obra:A súa proposta de revisión e reescrita da mellor tradición literaria ao incorporar como protagonistas personaxes como o mago Merlín, a fada Morgana, o Príncipe Azul ou os Reis Provenzais, creando un artefacto dramático metaliteraturizado non exento de humor e ironía, onde se visitan e actualizan temas importantes do noso tempo e de todo tempo dando unha ollada claramente identificada e feminista.Tamén si, coa súa decisión [Ánxela Gracián] quixo apostar pola escrita teatral como xénero idóneo para achegar os valores da creación literaria e como vehículo para convidar á mocidade a coñecer e recoñecer o mundo que nos rodea, as súas problemáticas e os seus retos e os camiños aínda por andar, así como unha ferramenta para o desenvolvemento persoal.***A Morgana desta obra, implacable co patriarcado, asume como misión propia que as mulleres sexan donas de si. Co mago Merlín como aliado, axudará a Mendiña, unha moza fermosísima, libre e apaixonada, que vive recitando os seus poemas polo Camiño a Compostela, ata que un día, por azar, cruza cun Príncipe que, seducido pola súa beleza, valentía e naturalidade, lle pide matrimonio, negándose a casar con Mademoiselle Xuxú, unha rica princesa provenzal que resulta moi conveniente para todos.Mais a maxia da manteiga da cacha da meiga Morgana muda os destinos, facendo que Mendiña teña a oportunidade de decidir por si mesma se quere vivir acatando as condicións de submisión que o convencional príncipe lle impón ou continuar o seu oficio de poeta e levar a poesía polo mundo.Coa axuda da fada, a xograresa tomará a decisión máis sabia.

Ficha técnica


Ilustrador: Laura Romero Pereira

Editorial: Baía Edicións a Coruña. S.L.

ISBN: 9788499954066

Idioma: Gallego

Número de páginas: 92

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 08/07/2022

Año de edición: 2022

Plaza de edición: A Coruña

Colección:
Meiga Moira

Número: 38
Alto: 19.0 cm
Ancho: 13.0 cm

Especificaciones del producto



Escrito por Ánxela Gracián


Ánxela Gracián (Castroverde, 1968) é escritora de literatura infantil e tradutora. Ten publicados numerosas traducións para o galego, como Memorias de Adriano (1998) de Margarite Yourcenar, Corto Maltés ou Balada do mar salgado (2006) de Hugo Pratt. Foi gañadora da VIIª edición do Premio Plácido Castro (2008) pola súa tradución d’ A illa misteriosa de Jules Verne. Entre os seus títulos de literatura infantil citamos Cos petos cheos de cinza (1988), As bolboretas douradas (1999), Eu tamén fun peliqueiro de Laza (2000), Chis chisgarabís (2004), A toupiña cegarata (2005), Nun lugar chamado labirinto (2005, Lista The White Ravens 2006), Pinga de choiva (Xerais 2009) e As palabras do silencio (Xerais 2013).
Descubre más sobre Ánxela Gracián
Recibe novedades de Ánxela Gracián directamente en tu email

Opiniones sobre DONA DE NOS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana