En Dos soños teimosos agroma a esencia e o sentido da obra e da vida de Uxío Novoneyra. Entre o ensaio, a poesía, o xornalismo, a reflexión e a creación, o poeta vai enfiando o seu pensamento e o a súa concepción da arte a partir das preguntas que lle fai o seu amigo e tamén editor Emilio Araúxo. Dos soños teimosos é un libro central e imprescindible para entender a poesía de Novoneyera, unha das voces máis intensas, renovadoras e salientables da literatura galega.En Dos soños teimosos agroma a esencia e o sentido da obra e da vida de Uxío Novoneyra. Entre o ensaio, a poesía, o xornalismo, a reflexión e a creación, o poeta vai enfiando o seu pensamento e o a súa concepción da arte a partir das preguntas que lle fai o seu amigo e tamén editor Emilio Araúxo. Dos soños teimosos é un libro central e imprescindible para entender a poesía de Novoneyera, unha das voces máis intensas, renovadoras e salientables da literatura galega.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788499141213
Idioma: Gallego
Número de páginas: 112
Tiempo de lectura:
2h 35m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 23/04/2010
Año de edición: 2010
Plaza de edición: Es
Peso: 189.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Uxío Novoneyra
Uxío Novoneyra (Parada do Courel, 1930 Santiago de Compostela, 1999) é un dos grandes nomes da poesía galega contemporánea. Desde a publicación do seu libro Os Eidos en 1955, a súa obra converteuse nun punto de referencia inevitable para a literatura galega. Ademais dese libro, o seu corpus literario componse dos seguintes poemarios: Elegías del Caurel y otros poemas (ed. bilingüe, 1966), Os Eidos-2 (1974), Poemas caligráficos (1979), Os Eidos. Libro do Courel (Xerais 1981, 2010), Muller pra lonxe (1986), Do Courel a Compostela. 1956-86 (1988), Tempo de elexía (1991), Poemas da doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras (1994), Poema dos Caneiros (1998) e Arrodeos e desvíos do camiño de Santiago e outras rotas (1999). Así mesmo, é coautor dos libros Camelio xaponés (1995) e Onde só queda alguén pra aguantar dos nomes (1999). A súa visión da poesía e da súa propia obra déunola en Dos soños teimosos (1998, Xerais 2010). Tamén é autor de tres libros destinados aos lectores infantís: No cubil do xabarín (1991), Gorgorín e cabezón (1992) e Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín (1998).