Educación e Paz I recolle a vida de 25 anos do grupo Educadores pola Paz de Nova Escola Galega. O primeiro grupo da historia de Galicia de Educación para a Paz e un dos pioneiros no resto de España. O libro recolle a orixe do grupo, os seus obxectivos, as actividades desenvolvidas, as publicacións realizadas, os programas deseñados, as propostas feitas, as ilusións presentes e as esperanzas de futuro. Nesta crónica dos 25 anos de Educadores pola Paz o autor está acompañado por catro colaboracións que falan de outras tantas experiencias de educación para a paz: Xosé Manuel Cid en Ourense, Xosé Manuel Rodríguez desde Santiago, Flora Fondevila das Escolas asociadas á UNESCO e Manuel Blanco do Programa Vivir xuntos, convivir de Lugo.
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788497827485
Idioma: Gallego
Número de páginas: 224
Tiempo de lectura:
5h 17m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 18/04/2008
Año de edición: 2008
Plaza de edición: Vigo
Especificaciones del producto
Escrito por XESUS R. JARES
Xesús R. Jares é Catedrático de Didáctica e Organización Escolar na Universidade da Coruña. Cátedra obtida co perfil "Modelos de Educación para a Paz e o Desenvolvemento". Coordina desde 1983 o colectivo Educadores pola Paz de Nova Escola Galega. Foi presidente da Asociación Española de Investigación para a Paz (AIPAZ) e na actualidade preside a Asociación Galego-Portuguesa de Educación para a Paz (AGAPPAZ). Deseñou e coordinou o proxecto multidisciplinar e solidario Construír a paz. Cultura para a paz nos anos 1995-1997. Tamén foi o deseñador e coordinador do Programa educativo municipal Aprender a convivir do Concello de Vigo nos anos 2000-2003. Ademais deste, ten publicado en Edicións Xerais outros catro libros: Educación e dereitos humanos. Estratexias didácticas e organizativas (1998), Construír a paz. Cultura para a paz (Cdor., 1996), Aprender a convivir (2001, 3ª edición en 2006) e Técnicas e Xogos cooperativos para todas as idades (2005).