📗 Libro en gallego Elas dúas (Premio Álvaro Cunqueiro de Novela 2025)

Editorial Galaxia, S.A.- 9788411765909

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de Elas dúas (Premio Álvaro Cunqueiro de Novela 2025)

Premio Álvaro Cunqueiro de Novela 2025

Unha profesora que ama a música e unha alumna que ama os xardíns sometidas ás intermitencias dun ir e vir sentimental que as endurece.
Este libro é a reconstrución dunha historia de pequenos segredos e un grande amor entre mulleres que se empeñarán en ser donas de si mesmas, antes de soñarmos sequera con que iso podía soñarse.
Estamos na Galicia de 1950. África Brea vén dun lugar da costa de Muros e estuda Maxisterio en Pontevedra, onde unha das súas profesoras é María Viviana Mariño. Son tempos de penitencia e penurias, mais elas dúas vivirán a súa vida sorteando tabús.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788411765909

Idioma: Gallego

Número de páginas: 316

Tiempo de lectura:
7h 30m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 24/05/2026

Año de edición: 2026

Plaza de edición: Vigo
Colección:
Literaria
Número: 536
Alto: 23.0 cm
Ancho: 15.0 cm
Grueso: 1.7 cm
Peso: 472.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Luís Rei Núñez


Luís Rei Núñez (A Coruña, 1958) ten toda a súa obra narrativa publicada en Xerais: «Expediente Artieda» (Premio Xerais de Novela, 2000), «A estrela dos polisóns» (2003), «Toda a vida» (2005), «O señor Lugrís e a negra sombra» (Premio da Crítica Española e Premio Irmandade do Libro, 2007), «Monte Louro» (Premio Blanco Amor, 2009), «Cita en Fisterra» (2011), «Días que non foron» (2013), «O encargo do señor Castelao» (2016) e «Matarán a Reboiras» (2022). En Xerais apareceu tamén a biografía «Rafael Dieste. O libre pensamento» (2019). Como poeta é autor de «A rolda invisible» (1988), «A casa na brétema» (1994), «Alma mareira» (2003), «Estrela do norte» (Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores, 2014) e «As sílabas do mundo» (2021). Tamén é autor do volume de entrevistas «Oficio de escribir» (1990) e da colección de ensaios «Poetas Andantes Navegantes» (1995). Fotografía do autor: ©Alba Sotelo
Descubre más sobre Luís Rei Núñez
Recibe novedades de Luís Rei Núñez directamente en tu email

Opiniones sobre Elas dúas (Premio Álvaro Cunqueiro de Novela 2025)


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana