📗 Libro en gallego ELAS O PARAUGAS TOTALIZADOR: ESCRITORAS, XENEROS E NACION

XERAIS - 9788497823401

Historia y crítica de la Literatura Estudios e historiografía

Sinopsis de ELAS O PARAUGAS TOTALIZADOR: ESCRITORAS, XENEROS E NACION

"Elas e o paraugas totalizador" é unha metáfora das tensións identitarias: os tirapuxas entre xénero e nación. Nun espléndido ensaio, tan clarificador como innovador, chamado a converse nun referente imprescindible para os estudos literarios galegos, a investigadora e crítica Helena González ofrécenos un percorrido pola literatura recente escrita por mulleres: as escritoras conformaron un espazo e unha linguaxe de seu que alterou por completo a literatura e significou unha enérxica irrupción no canon. A singularidade do caso galego serve de contrapunto, porque elas escriben desde a hiperconciencia, desde as marxes, para converteren as súas escritas en centrais, inevitables. Este ensaio ofrece análises novidosas para toda a crítica feminista en relación ao retos das escritoras identitariamente posicionadas e innovadoras, situándose nos estudos das identidades emerxentes."Elas e o paraugas totalizador" é unha metáfora das tensións identitarias: os tirapuxas entre xénero e nación. Nun espléndido ensaio, tan clarificador como innovador, chamado a converse nun referente imprescindible para os estudos literarios galegos, a investigadora e crítica Helena González ofrécenos un percorrido pola literatura recente escrita por mulleres: as escritoras conformaron un espazo e unha linguaxe de seu que alterou por completo a literatura e significou unha enérxica irrupción no canon. A singularidade do caso galego serve de contrapunto, porque elas escriben desde a hiperconciencia, desde as marxes, para converteren as súas escritas en centrais, inevitables. Este ensaio ofrece análises novidosas para toda a crítica feminista en relación ao retos das escritoras identitariamente posicionadas e innovadoras, situándose nos estudos das identidades emerxentes.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788497823401

Idioma: Gallego

Número de páginas: 264
Tiempo de lectura:
6h 15m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 07/09/2005

Año de edición: 2005

Plaza de edición: Es
Peso: 362.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Helena González Fernández


Helena González Fernández (Vigo, 1967) é profesora titular de literatura galega na Universidade de Barcelona e investigadora do Centre Dona i Literatura; especializouse en poesía contemporánea e crítica literaria feminista. En 1999 defendeu a súa tese de doutoramento, “Mulleres atravesadas por unha patria. Poesía galega de mulleres entre 1975 e 1997”. Entre os seus libros cómpre citar “Luís Seoane: vida e obra” (1994), “Unha lectura de Códice calixtino de Luz Pozo Garza” (Xerais, 1997) e a edición crítica de “De catro a catro” (1998) de Manuel Antonio. Como antóloga preparou unha escolma da poesía de Rompente con Iris Cochón, “Upalás” (Xerais, 1998), “Rías de tinta” (1999) con Marta Segarra e Francesco Ardolino, e mais “A tribo das baleas” (Xerais, 2001), unha antoloxía trilingüe da poesía galega dos anos 90. Entre os seus artigos máis recentes salientan as colaboracións en “Escrita e mulleres. Doce ensaios arredor de Virginia Woolf” (2003), e mais na “Breve historia feminista de la literatura española” (en lengua catalana, gallega y vasca). Vol. VI(2000) coordinado por Iris Zavala. Forma parte do equipo de redacción dos catro volumes do “Diccionario da literatura galega” (1995-2004) dirixido por Dolores Vilavedra, e traduciu ao galego “Capital da dor” de Paul Éluard, con Laurence Brault. Pertence ao consello de redacción do “Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos”, onde colabora desde 1992 cunha panorámica anual de poesía, e mais “Lectora. Revista de Dones i Textualitat”. Na actualidade desenvolve o seu labor como crítica literaria en Grial.
Descubre más sobre Helena González Fernández
Recibe novedades de Helena González Fernández directamente en tu email

Opiniones sobre ELAS O PARAUGAS TOTALIZADOR: ESCRITORAS, XENEROS E NACION


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana