📗 Libro en gallego ELUCIDACIONS NA SOMBRA

análise e interpretación de dúas pezas teatrais de Carvalho Calero

MANUEL CASTELAO

LAIOVENTO - 9788484871965

Estudios literarios Teatro

Sinopsis de ELUCIDACIONS NA SOMBRA

Ler unha obra de teatro sen considerar a súa condición de texto para a escena é como ler un guión de cinema prescindindo da orientación ao filme en que, no mellor dos casos, se realiza. De aí, o construírmos este ensaio desde a perspectiva da virtual escenificación de dúas pezas de Carvalho Calero, en coherencia coas súas palabras“Eu endexamais escrevin teatro para ler”. En tal posta en escena descansa o esforzo de análise e interpretación de A sombra de Orfeu e o Auto do prisioneiro, pondo de relevo a súa incardinación na nosa historia e o non ben estimado folgo teatral do autor, até o punto de a primeira desas obras nunca ter coñecido as luces da escena. Conxúganse nese azar os problemas crónicos do teatro galego co imbécil escurecemento de Carvalho na Galiza. Porén, a continuada proscrición dun autor constitúe a mellor garantía da súa potencia, indica a necesidade que o poder opresivo ten de se defender contra a forza soberana a retornar desde a sombra. Non existe mellor evidencia de que a tradición recreada por Carvalho, para se dar orixe, segue viva. Por iso, el non pode ser reducido a estatua inerte e confortábel, non pode ser enterrado, para o silenciar de vez, no panteón do consabido e pacificamente ignorado. A súa obra seguirá a nos inquietar e el, como o espectro da nosa razón común, a permanecer inesq...

Ficha técnica


Editorial: Laiovento

ISBN: 9788484871965

Idioma: Gallego

Número de páginas: 264
Tiempo de lectura:
6h 15m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 01/12/2010

Año de edición: 2010

Plaza de edición: Santiago de Compostela
Número: 267

Especificaciones del producto



Opiniones sobre ELUCIDACIONS NA SOMBRA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana