En malos pasos son nove contos, 104 páxinas ou pegadas q ue nos traen unha ollada inédita sobre o fútbol, «Os tempos caen, o fútbol permanece», ou quizais sexa outro xogo que Camilo prefire non nomear; e trannos a felicidade como lembranza dun amor abandonado «Tanta felicidade deitaba sobre a vida pasada a mesma luz que deita sobre o mar o solpor»; e tamén o asasino visto por outros asasinos ou víctimas potenciais, «non se sentía un asasino. Só se sentía un corredor esgotado»; a beleza nunha ecuación onde a suma das partes só araña un instante a sombra da perfección, «a beleza non debe ser excepcional, senón común, para que poida ser recoñecida por todos»; contabilidade sideral, «Unha noite de agosto pareceulle que no xardín faltaba unha rosa branca»; unha forma de suicidio, «Non quería imaxes do horror. Repouso era o que necesitaban e repouso era o que ofrecería»; e outra vía de suicidio, «Enganan moito, igual ca deuses, os trens. Sempre prometen un algo mellor e sempre cremos que ese algo existe lonxe de nós»; moitos pasos orientados pola sensación de impotencia, e un morto en forma de obxecto perdido que alguén recolle como se recollen as bolsas e as latas e as cabechas para que non ensucien a praia, por ecoloxía co ser humano, «O corpo flotaba comodamente boca abaixo nas augas da preamar, non tiña présa por chegar á praia, resistindo o escaso empuxe das ondas da ría coa paciencia da eternidade».
Ficha técnica
Editorial: Xerais
ISBN: 9788475079301
Número de páginas: 97
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 17/05/2001
Año de edición: 1995
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Ferros
Ferros
Número: 000006
Especificaciones del producto
Escrito por Camilo Franco
Camilo Franco (Ourense, 1963) é escritor, xornalista. Correspondente cultural de La Voz de Galicia. Ten publicado os libros: A lúa no cénit e outros textos (1988), Ribadavia (1993), En malos pasos (Xerais 1995), «Chuvia tralos cristais» en Narradores de cine (Xerais 1996), do que foi coordinador; Por conto alleo (2003) e Palabras contadas (Xerais 2006). No espazo electrónico Vieiros publicou as series de narracións: Por conto alleo (1999) e Necesariamente X. A razón máis quente (2001). Palabras contadas deu pé á exposición homónima da Fundación Luís Seoane, organizada dentro do Proxecto-Edición (2006).