📗 Libro en gallego ESCANER

XERAIS - 9788483028919

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de ESCANER

Quince relatos que constitúen un completo percorrido pola narrativa breve de Ramón Caride publicada dende 1991 ata a actualidade. Relatos que transitan polo real, polo fantástico, polo estraño e polo marabilloso. Unha achega dun dos narradores claves de entre séculos.En Escáner Ramón Caride fai un completo percorrido pola súa narrativa breve publicada dende o ano 1991 ata a actualidade, ofrecendo relatos realistas, na liña do seu volume anterior, Negros espellos (Xerais Peto nº 38), xunto con outros de temática fantástica. Escritor realista, Caride fai nestes relatos a crónica de sucesos da nosa sociedade, facéndoa dende dentro, pola carne e polo sangue. Para Xosé Miranda, prologuista do volume, a escrita de Caride está sempre preto do xénero negro “e por iso é sempre un escritor comprometido”, coa súa sociedade e co seu tempo, tomando partido para ver, para denunciar, para expoñer. Nestes quince relatos de Escáner hai unha visión de conxunto do ser humano. Nos catro primeiros relatos, inéditos ata o momento, (“Foto-Shock”, “Carta a Berta”, “Hendra” e “Viaxe de Volta”) e cos que comeza o volume, están tódalas tendencias da narrativa curta de Caride, desde o realismo, a denuncia, o compromiso e mesmo a hiperrealidade de “Foto-Shock”, un texto fondamente narrativo e fondamente reflexivo, que escarva tanto na alma humana como na situación do mundo; ata a ciencia-ficción de “Hendra”, unha ciencia ficción tanto ao xeito do cinema como biolóxica ou psicolóxica; pasando polo inusual final feliz de “Viaxe de volta”, esa case segunda oportunidade que só se lles con-cede aos felices como Ulises, e pola amarga crítica ao mundo literario, tan inzado de oportunistas e alpabardas, da “Carta Berta”.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483028919

Idioma: Gallego

Número de páginas: 183
Tiempo de lectura:
4h 18m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 22/10/2002

Año de edición: 2002

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por Ramón Caride


Ramón Caride (Cea, Ourense, 1957) é autor dunha extensa obra literaria. Desde o poemario «Paisaxe de verde chuvia» (1986) publicou ducias de títulos de moi variados xéneros. A súa narrativa conta con obras tan destacadas como «Soños eléctricos» (Xerais, 1992), Premio Blanco-Amor; «Sarou» (Premio Café Dublín 1997), recollida no volume recompilatorio «Sarou / Louzós» (Xerais, 2012); «O frío azul» (Premio Lueiro Rey 2007, Premio Templis 2012 na versión española); «O sangue dos camiños» (Xerais, 2014), Premio Risco de Literatura Fantástica; os libros de relatos «Flash-Black 13» (2014), «Exogamia 0.3» (Xerais, 2011), «Endogamia 0.2» (Xerais, 2013), «Singamia 1.1» (Xerais, 2019), «Dedre» (Xerais, 2004), «Liquidación de existencias» (Xerais 2016) ou «As superviventes» (Xerais 2025). O volume antolóxico «As máscaras de Cronos» (Xerais, 2006), «A chuvia humana» (2011), e «Criptografías» (2009) son as súas últimas entregas poéticas. Na súa produción xuvenil destaca a serie das aventuras de Said e Sheila (Xerais), ilustrada por Miguelanxo Prado, moi reeditada e traducida a distintos idiomas: «Perigo vexetal» (Premio Merlín 1995), «Ameaza na Antártida» (1997), «O futuro roubado» (1999), «A negrura do mar» (2006), Premio Frei Martín Sarmiento 2006 e «O camiño da Estadea» (Xerais 2016). Dentro da súa produción infantil, publicou en Xerais «Andanzas de Xan Farrapeiro» (2009), «A pomba dona Paz» (2012), «Catro amigos pillabáns» (2012), «O capitán Aspanitas e o misterio das Burgas» (2013), «As viaxes de Ruki» (2014), «Sara ten un segredo» (2018), «As músicas viaxeiras» (2021) e «O misterio das zocas» (2025).
Descubre más sobre Ramón Caride
Recibe novedades de Ramón Caride directamente en tu email

Opiniones sobre ESCANER


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana