Estas rapazas chegarán moi alto, que, cun formidable despregue de recursos imaxinativos, parte dunha situación sorprendente: o botafumeiro da catedral de Santiago sóltase e bota a voar polo ceo adiante, levando enriba del a Clara e as xemelgas Dorotea e Teodora, as tres nenas protagonistas. A partir de aquí, as situacións insólitas, os diálogos delirantes, o humor corrosivo, a posta en cuestión das convencións sociais, a lóxica do absurdo... presiden o desenvolvemento deste magnífico e divertidísimo relato. As ilustracións de Teresa Novoa contribúen a salientar o carácter humorístico e corrosivo deste libro que, sen dúbida, fará as delicias dos lectores de nove anos en diante.
Ficha técnica
Ilustrador: Teresa Novoa
Editorial: Xerais
ISBN: 9788475079240
Idioma: Gallego
Número de páginas: 144
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 28/05/2001
Año de edición: 1995
Plaza de edición: Vigo
Alto: 19.0 cm
Ancho: 14.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Xosé Cermeño
Xosé Cermeño (A Coruña, 1959) é sociólogo, escritor e creador de televisión. Foi director da primeira serie de ficción en galego (Os outros feirantes, TVG, 1990) e creador de Pratos combinados, a primeira telecomedia na TVG (1995-2006), unha produción xerminal no noso audiovisual. Imaxinou e dirixiu programas de éxito, como Larpeiros (2007-2019), ademais de ser autor e guionista doutras producións. Publicou Ciencia de facer as camas (1994), Os nervios da cabeza (1994, Premio Cidade de Lugo), Historia de Abbadón (1991, Premio Leliadoura de poesía), libros de gastronomía, de narrativa infantil e de divulgación. Días felices con Fábia (Galaxia, 2023), unha historia portuguesa de sedución e enganos, é a súa ultima novela. Dedicou un ensaio —Un bacalao por bandera— á historia cultural e gastronómica do bacallau. Débelle moito á literatura, pero tamén á pesca, á cociña, á antropoloxía da alimentación, ás películas de Billy Wilder e aos paseos pola cidade.