leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego ETCETERAMENTE

Edicións Xerais - 9788411102278

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de ETCETERAMENTE

Unha homenaxe ao poder creativo da literatura.

Páxinas en branco, capítulos que faltan, unha lectora que se rebela, un escritor ansioso por escribir unha obra sublime, un periplo polo trasmundo interior, rebeldes contra a especulación urbanística e revolucionarios á busca do escritor, cartas a un escritor morto, a directora dunha editorial a quen non lle dan as contas, un pauto co demo, unha seita literaria que se rexe polo libro «De catro a catro»... «Etceteramente» é un disparate absoluto: indescritible, indefinible, inexplicable, imperdoable... Unha homenaxe ao poder creativo da literatura. Estamos ante un cóctel literario de preguntas: quen escribe?, quen le?, para que?, como?, que? «Etceteramente» é un artefacto inacabado que nunca terá un punto final porque continuará noutros libros escritos por outras escritoras e escritores e outras lectoras e lectores. Mais tamén encarna unha tristura e unha esperanza, a tristura dos solitarios que nos refuxiamos na literatura en busca dun acougo e a esperanza de que a literatura nos provexa dun fogar: un espazo de dúbida e contradición, de crítica, de reflexión, de rebeldía contra nada, de espellos rotos, unha ventá ao mundo... Un fogar de portas abertas.Páxinas en branco, capítulos que faltan, unha lectora que se rebela, un escritor ansioso por escribir unha obra sublime, un periplo polo trasmundo interior, rebeldes contra a especulación urbanística e revolucionarios á busca do escritor, cartas a un escritor morto, a directora dunha editorial a quen non lle dan as contas, un pauto co demo, unha seita literaria que se rexe polo libro «De catro a catro»... «Etceteramente» é un disparate absoluto: indescritible, indefinible, inexplicable, imperdoable... Unha homenaxe ao poder creativo da literatura. Estamos ante un cóctel literario de preguntas: quen escribe?, quen le?, para que?, como?, que? «Etceteramente» é un artefacto inacabado que nunca terá un punto final porque continuará noutros libros escritos por outras escritoras e escritores e outras lectoras e lectores. Mais tamén encarna unha tristura e unha esperanza, a tristura dos solitarios que nos refuxiamos na literatura en busca dun acougo e a esperanza de que a literatura nos provexa dun fogar: un espazo de dúbida e contradición, de crítica, de reflexión, de rebeldía contra nada, de espellos rotos, unha ventá ao mundo... Un fogar de portas abertas.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788411102278

Idioma: Gallego

Número de páginas: 496
Tiempo de lectura:
11h 51m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 10/11/2022

Año de edición: 2022

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Alto: 23.0 cm
Ancho: 15.5 cm
Grueso: 4.0 cm
Peso: 642.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por XELIS DE TORO


Xelís de Toro (1962, Santiago de Compostela). Publicou os seguintes libros de narrativa: «Seis cordas e un corazón», 1989 (co pseudónimo de Roque Morteiro, Xerais 1990), novela, Premio Compostela Cultural; «Non hai misericordia» (1990, Xerais 2003), relatos, Premio Narrativa Cidade de Lugo; «Terminal» (1994); «Os saltimbanquis no paraíso» (1999), novela, Premio San Clemente 2000; «The Corunna boats» (Xerais 2004), novela; «Riofero» (Xerais 2009), novela; Etceteramente (Xerais 2022), novela; «O gato fantasma» (Xerais 2013), novela infantil; «A porta dourada» (Xerais 2018), novela infantil, e «Paco Peco pequeneiro e o lagarteiro miope» (Xerais 2021), conto infantil. Mantén na rede o espazo http://laboratoro.net/
Descubre más sobre XELIS DE TORO
Recibe novedades de XELIS DE TORO directamente en tu email

Opiniones sobre ETCETERAMENTE


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana