leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego EU BEN VIN, VIRIVÍN

Cancioneiro infantil para dicir, contar e cantar

Edicións Xerais - 9788491214083

Infantil 7 a 9 años Diccionarios y enciclopedias

Sinopsis de EU BEN VIN, VIRIVÍN

Este libro compendia as prosodias, rimas, recitados, fórmulas máxicas e encadeados máis representativos do cancioneiro de tradición oral infantil que nos falan do mundo dos animais e que, por seren transmitidos de xeración en xeración, están moi ligados á cultura popular e ás veces a ritos ancestrais.O libro acompáñase dun documento sonoro creado polo Obradoiro Experimental de Música Tradicional, formado por Nani García e Manuel Rico, que nos aproxima a novas referencias musicais recreando as melodías do cancioneiro tradicional.Este libro compendia as prosodias, rimas, recitados, fórmulas máxicas e encadeados máis representativos do cancioneiro de tradición oral infantil que nos falan do mundo dos animais e que, por seren transmitidos de xeración en xeración, están moi ligados á cultura popular e ás veces a ritos ancestrais.O libro acompáñase dun documento sonoro creado polo Obradoiro Experimental de Música Tradicional, formado por Nani García e Manuel Rico, que nos aproxima a novas referencias musicais recreando as melodías do cancioneiro tradicional.

Ficha técnica


Ilustrador: David Rodríguez

Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788491214083

Idioma: Gallego

Número de páginas: 112

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 11/10/2018

Año de edición: 2018

Plaza de edición: Es

Colección:
INFANTIL E XUVENIL - PEQUENO MERLÍN - Albums

Alto: 20.0 cm
Ancho: 18.0 cm
Grueso: 1.1 cm
Peso: 270.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Manuel Rico Verea


Manuel Rico (Boimorto, 1948). Desenvolve a súa actividade docente en Madrid, no País Vasco e, a partir de 1978, en Galicia, onde se implica directamente no proceso de normalización da lingua galega. Este compromiso coa cultura propia lévao a desenvolver unha actividade de creación, investigación e publicación de obras sobre a lingua e a literatura galegas, así como sobre a música tradicional, atendendo á súa aplicación pedagóxica. É autor ou coautor de publicacións didácticas pioneiras como a «Guía didáctica de preescolar Puff» (1981), «Cantares» ou o nivel 4 de «O noso galego», editado por Xerais. En formato libro, de contido musical, publica o «Cancioneiro popular das terras do Tamarela», «Imos canta-los nadais», «Tantarantán, tarantán, tarantiña», «Eu non canto por cantar», cancioneiro xeral, «Heiche cantar un conto», cancioneiro infantil galego, «Cantos de berce» e, agora, «Eu ben vin, virivín. Cancioneiro infantil para dicir, contar e cantar» (Xerais, 2018). Así mesmo, é tradutor, coordinador de coleccións literarias e de suplementos culturais. Formou parte do grupo musical A Quenlla e actualmente dirixe un taller experimental de música tradicional que publica varios documentos sonoros, entre os que destacan «A pulguiña e o pulgón», «Cantares», «Arrolín, arrolán», «Vente vindo, ven cantando» e «Cantos de berce tradicionais». Pola súa actividade cultural na radio e na prensa, recibiu o Premio do Ministerio de Cultura ao mellor labor cultural continuado no ano 1985, o Premio do Ministerio de Cultura ao mellor programa radiofónico no ano 1987 e o Premio Xunta de Galicia de xornalismo polo mellor programa musical do ano 1989, que se emitiu en Radio Nacional de España en Galicia.
Descubre más sobre Manuel Rico Verea
Recibe novedades de Manuel Rico Verea directamente en tu email

Opiniones sobre EU BEN VIN, VIRIVÍN


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana