leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

EXPEDIENTE ARTIEDA

Edicións Xerais - 9788483025734

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de EXPEDIENTE ARTIEDA

Un home baixa do tren cando falta pouco para que o verán de 1959 acabe. Nunca antes estivo na Coruña e chega coa misión de vingar catro camaradas asasinados durante a acción que debería poñerlle fin á loita do maquis. As pistas lévano a un sanatorio das aforas, e mentres el decide cándo e cómo será o castigo para o traidor, os lectores van asomarse ás vidas do grupo que organiza a resistencia cívica contra a Dictadura. Daquela, Franco vai saír do pazo de Meirás para unha inauguración, e o home que baixara do tren pensa: qué ocorrería se...En Expediente Artieda, a novela de Luís Rei Núñez, gañadora do Premio Xerais 2000, aparece o heroísmo dos que só agardan como premio máis probable, no canto das medallas, a tortura ou o cárcere, e non lles importa. Pero tamén aparecen os soños da infancia, o peso da memoria e o inmenso poder, mesmo destructivo, do amor. Expediente Artieda é unha novela coral, onde se mestura unha voz narradora en terceira persoa, con outras moitas en primeira, que reconstrúe a historia da resistencia urbana antifranquista, dende o heroísmo dos seres anónimos. Unha novela nostálxica que recrea de forma expléndida e evocadora á Coruña do tardofranquismo, unha cidade que se recupera para a memoria dos lectores de hoxe.Un home baixa do tren cando falta pouco para que o verán de 1959 acabe. Nunca antes estivo na Coruña e chega coa misión de vingar catro camaradas asasinados durante a acción que debería poñerlle fin á loita do maquis. As pistas lévano a un sanatorio das aforas, e mentres el decide cándo e cómo será o castigo para o traidor, os lectores van asomarse ás vidas do grupo que organiza a resistencia cívica contra a Dictadura. Daquela, Franco vai saír do pazo de Meirás para unha inauguración, e o home que baixara do tren pensa: qué ocorrería se...En Expediente Artieda, a novela de Luís Rei Núñez, gañadora do Premio Xerais 2000, aparece o heroísmo dos que só agardan como premio máis probable, no canto das medallas, a tortura ou o cárcere, e non lles importa. Pero tamén aparecen os soños da infancia, o peso da memoria e o inmenso poder, mesmo destructivo, do amor. Expediente Artieda é unha novela coral, onde se mestura unha voz narradora en terceira persoa, con outras moitas en primeira, que reconstrúe a historia da resistencia urbana antifranquista, dende o heroísmo dos seres anónimos. Unha novela nostálxica que recrea de forma expléndida e evocadora á Coruña do tardofranquismo, unha cidade que se recupera para a memoria dos lectores de hoxe.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788483025734

Número de páginas: 232

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 17/10/2000

Año de edición: 2000

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Alto: 22.1 cm
Ancho: 14.6 cm
Grueso: 1.8 cm
Peso: 364.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Luís Rei Núñez


Luís Rei Núñez (A Coruña, 1958) ten toda a súa obra narrativa publicada en Xerais: «Expediente Artieda» (Premio Xerais de Novela, 2000), «A estrela dos polisóns» (2003), «Toda a vida» (2005), «O señor Lugrís e a negra sombra» (Premio da Crítica Española e Premio Irmandade do Libro, 2007), «Monte Louro» (Premio Blanco Amor, 2009), «Cita en Fisterra» (2011), «Días que non foron» (2013), «O encargo do señor Castelao» (2016) e «Matarán a Reboiras» (2022). En Xerais apareceu tamén a biografía «Rafael Dieste. O libre pensamento» (2019). Como poeta é autor de «A rolda invisible» (1988), «A casa na brétema» (1994), «Alma mareira» (2003), «Estrela do norte» (Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores, 2014) e «As sílabas do mundo» (2021). Tamén é autor do volume de entrevistas «Oficio de escribir» (1990) e da colección de ensaios «Poetas Andantes Navegantes» (1995). Fotografía do autor: ©Alba Sotelo
Descubre más sobre Luís Rei Núñez
Recibe novedades de Luís Rei Núñez directamente en tu email

Opiniones sobre EXPEDIENTE ARTIEDA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana