leer_primeras_paginas Leer primeras páginas

📗 Libro en gallego FINAL FELIZ

Edicións Xerais - 9788411100502

Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de FINAL FELIZ

Relatos en carne viva que espertan conciencias e establecen a ponte entre o real e o imaxinario.

Os de «Final feliz» son relatos en carne viva, un mando de historias para espertar conciencias ou establecer a ponte entre o real e o imaxinario, entre o que non se conta e o que agroma do subconsciente. A través delas sentimos o voo dos estorniños nun ceo de Istanbul envurullado en murmurios do Oriente; abrimos o armario encaixado na súa coiraza de pedra para deixar fuxir os fantasmas sexuais en gloriosa promenade; vemos medrar a hedra do tempo no medio dunha gran nevarada en Viena; notamos o vaivén das ondas nos afastados mares de Terranova.Xavier Queipo preséntanos historias impregnadas de sensacións oníricas, que asentan nas lecturas, na experiencia vivida, na observación da natureza, e que conforman un novo elo no universo literario do seu autor.Os de «Final feliz» son relatos en carne viva, un mando de historias para espertar conciencias ou establecer a ponte entre o real e o imaxinario, entre o que non se conta e o que agroma do subconsciente. A través delas sentimos o voo dos estorniños nun ceo de Istanbul envurullado en murmurios do Oriente; abrimos o armario encaixado na súa coiraza de pedra para deixar fuxir os fantasmas sexuais en gloriosa promenade; vemos medrar a hedra do tempo no medio dunha gran nevarada en Viena; notamos o vaivén das ondas nos afastados mares de Terranova.Xavier Queipo preséntanos historias impregnadas de sensacións oníricas, que asentan nas lecturas, na experiencia vivida, na observación da natureza, e que conforman un novo elo no universo literario do seu autor.

Ficha técnica


Editorial: Edicións Xerais

ISBN: 9788411100502

Idioma: Gallego

Número de páginas: 136
Tiempo de lectura:
3h 9m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 20/01/2022

Año de edición: 2022

Plaza de edición: Es

Colección:
EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Alto: 23.0 cm
Ancho: 16.0 cm
Grueso: 1.1 cm
Peso: 204.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Xavier Queipo


Xavier Queipo
Xavier Queipo (Compostela, 1957). Dende 1990 escribe e publica regularmente en galego. É autor, entre outros libros, de «Ártico e outros mares» (narrativa breve, 1990), «Ringside» (contos, 1993), «O Paso do Noroeste» (novela, 1996), «Malaria sentimental» (novela, 1999), «Papaventos» (novela, 2001), «O ladrón de esperma» (contos, 2001), «Os ciclos do bambú» (contos, 2003), «Glosarios» (poesía, 2004), «O espello e o dragón» (literatura infantil, 2005), «Dragona» (novela, 2007), «Caderno da Revolución Cultural» (crónicas radiofónicas, 2007), «Saladina» (novela, 2007), «Felices e diferentes» (crónicas radiofónicas, 2009), «A illa dos cangrexos violinistas» (literatura infantil, 2009), «Cartas marcadas» (ensaio, 2010), «Ártico 2.0» (narrativa breve, 2011), «Extramunde» (novela, 2011, Premio Xerais de Novela, Premio Arcebispo San Clemente); «55» (relatos, 2014), «Os Kowa» (novela, 2016, Premio Eduardo Blanco Amor 2015), «Home invisíbel (poesía, Premio Illas Sisargas de poesía erótica, 2018), «Minutos para medianoite» (poesía, escrito a catro mans con Ramón Neto), «Corazón de Manteiga» (novela, 2020), «Final feliz» (relatos, 2022) e 66 (Xerais, 2025). Membro do Dichterscollectif van Brussel dende 2007. Recibiu varios premios en Galicia, entre eles o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao mellor escritor galego en 2011, o Premio da Crítica española en 1991 e o Premio Nacional de Tradución do Ministerio de Cultura (en colaboración), pola tradución do «Ulysses» de Joyce ao galego (2014). Participou en numerosos libros colectivos e antoloxías. Traduciu do francés ao galego a Amin Maalouf e Hervé Guivert, e do inglés a Conrad e Joyce. Obras súas están traducidas ao castelán, portugués, francés e italiano. Fotografía do autor: Cé Tomé.
Descubre más sobre Xavier Queipo
Recibe novedades de Xavier Queipo directamente en tu email

Opiniones sobre FINAL FELIZ


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana