Como sería poñerse na pel de Gloria Fuertes para contar a súa vida e convertela nun conto?A colección 'Os meus amigos" recrea a vida ficcionada de grandes escritores e escritoras.Unha oportunidade única de transmitir aos nosos fillos o espírito daquelas figuras da literatura cuxas historias marcaron a nosa infancia.Todo o universo de Gloria Fuertes nun conto biográfico onde a historia transcorre nun só día.Un paseo polo Rastro madrileño convertese nunha viaxe por toda a súa vida e obra. O mago Majareta, Pirulín ou Coleta reaparecen nesta aventura cargada de humor tenro para toda a familia.No 25.º aniversario da súa marcha, Ramón D. Veiga e Iván R., autores de Miñoca e coello, fan un exercicio redondo no que a autora (esta vez personaxe) e todo o seu universo volven para lembrarnos que seguen estando na nosa memoria colectiva.Unha viaxe á infancia para moitos e unha razón máis para homenaxear ás grandes figuras da literatura.
Ficha técnica
Traductor: Iolanda Mato Creo
Ilustrador: Iván R.
Editorial: Triqueta Verde, S.L.
ISBN: 9788418687563
Idioma: Gallego
Número de páginas: 56
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 02/02/2023
Año de edición: 2023
Plaza de edición: Es
Colección:
MIS AMIGOS
MIS AMIGOS
Número: 0
Alto: 24.0 cm
Ancho: 17.0 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Ramón D. Veiga
Licenciado en Filoloxía Hispánica, traballa no eido da edición. Ten publicados os seguintes títulos para o público infantil: «Violeta quere ser vampiro. Un Conto do Samaín» (Xerais, 2017), «É tempo de Entroido!» (Xerais, 2018), «A araña que lles tiña medo ás arañas» (Xerais, 2019), «Meigas fóra!» (Xerais, 2020), «Non pare a festa» (Xerais, 2021), «De festa en festa» (2022), «Gloria» (2023), «Inventario de bruxas da avoa Maruxa» (2023), «Violeta ás agachadas» (Xerais, 2023) e «Maios e desmaios (Xerais, 2025)». Tamén é autor das series «Miñoca» (Xerais, 2021/2022/2023/2024) e «Fani e Dani» (2023/2024), e colaborou no volume colectivo «Era outra vez» (2022) coa adaptación do conto de Óscar Wilde «O xigante egoísta». En 2021 gañou o Premio Arume de Poesía para a Infancia con «Violeta Parapluie e outras historias de xente pouco corrente» (2022) (Selección OEPLI, 2022 / Premio Frei Martín Sarmiento, 2024); en 2022, o XV Premio El Príncipe Preguntón de Poesía para Niños con «O delirante restaurante de Héitor Mórtimer e a súa clientela aberrante» (2023); en 2023, o Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia con «Medo me dá!» (2024) e en 2025 o I Certame Literario Jaime Olmedo Limeses con «Pernascochas» (2025). Publicou os contos en liña «#EuQuedoNaCasa» (2020), sobre o confinamento provocado pola covid-19; «Bombas de chocolate» (2022), sobre a guerra de Ucraína e «Sucedeu en Samede», sobre a celebración do Entroido nesta localidade (2024). Para o público adulto publicou «Zoom» (Xerais, 2022). Na actualidade coordina a conta de Instagram @podiachovermerda, onde todos os textos son da súa autoría. Parte da súa obra está traducida ao catalán e ao castelán.