📗 Libro en gallego GRAN LIBRO DOS RETRATOS DE ANIMAIS

OQO EDITORA - 9788496573796

Infantil 10 a 12 años Literatura 10 a 12 años

Sinopsis de GRAN LIBRO DOS RETRATOS DE ANIMAIS

A fermosa Armiño encargoulle un retrato en 1484 ao mellor pintor de Florencia e probablemente do mundo… Pola súa banda, un pingüín de orixe aristocrática comprácese en ser retratado, e alardea do seu poder, como un orgulloso animal renacentista; pero quen era en realidade este personaxe? Coincidiría no estudio do pintor con Federico de Montefeltro, duque de Urbino, algunha vez? E do autorretrato do León, podemos deducir que foi Durero o seu mestre? Con esta iniciativa, Svjetlan Junaković proponnos un xogo entre a fantasía e a realidade, unha particular galería, na que os animais ocupan un protagonismo na arte, ata o momento descoñecido. Compartir o gusto pola pintura cos máis cativos, abrir ventás á arte, romper as barreiras e propiciar que os máis pequenos ollen un retrato clásico… son algúns dos obxectivos que persegue este libro, co que OQO Editora se achega ao mundo da arte, en concreto ao da pintura, nesta primeira entrega da nova colección OQart. Gran libro dos retratos de animais foi concibido por Svjetlan Junaković e OQO Editora, para dar testemuño de que ao longo da historia foron moitos os animais, que vestidos coas súas mellores prendas, posaron ante retratistas sobranceiros. Lonxe dos manuais de historia da arte convencionais, a verosimilitude dos retratos e as explicacións ao carón da imaxe, que o ilustrador croata presenta neste libro, xogan cunha base histórica, respectada ata o detalle, pero na que os animais se converten nos verdadeiros protagonistas. Por súa vez, as explicacións que acompañan á obra, ofrecen información sobre a época, o contexto, o artista, o animal retratado… pistas chave para quen desexe afondar no coñecemento dos cadros orixinais, punto de partida e inspiración dos retratos. Svjetlan Junaković realiza esta selección segundo as esixencias teóricas e prácticas das diferentes épocas (canons de beleza animal, costumes sociais, condicións de construción da imaxe no espazo…). Cunha proposta lúdica e suxestiva, o autor advírtenos de que calquera semellanza con algúns dos máis famosos retratos do xénero humano será puramente casual. Porén, non podemos recoñecer no rostro fuxidío e indescifrable da Armiño, á Dama de Leonardo da Vinci


Ficha técnica


Ilustrador: Svjetlan Junakovic

Editorial: Oqo Editora

ISBN: 9788496573796

Idioma: Gallego

Número de páginas: 48

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 21/10/2006

Año de edición: 2006

Plaza de edición: Es

Especificaciones del producto



Escrito por Svjetlan Junakovic


Descubre más sobre Svjetlan Junakovic
Recibe novedades de Svjetlan Junakovic directamente en tu email

Opiniones sobre GRAN LIBRO DOS RETRATOS DE ANIMAIS


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana