Sinopsis de GUIA DAS MACROALGAS DE GALICIA (CD-ROM)
CD-ROM que recolle, por primeira vez, ilustrada a toda cor, a descrición das 90 macroalgas máis importantes das nosas costas, do medio no que viven e da relación que estabelecen co resto das comunidades que conforman o ecosistema litoral, así como algunhas ideas sobre o seu cultivo e aproveitamento, con claves de identificación a nivel de xénero.
Ficha técnica
Ilustrador: Calros Silvar
Editorial: Baía Edicións a Coruña. S.L.
ISBN: 9788489803992
Idioma: Gallego
Fecha de lanzamiento: 17/07/2002
Año de edición: 2002
Plaza de edición: A Coruña
Colección:
Baía Verde
Baía Verde
Serie/Saga: Guía da natureza en CD-ROM
Especificaciones del producto
Escrito por MARISA CASTRO y JORGE OTERO
Marisa Castro, doutora en Bioloxía, profesora da Universidade de Vigo, é unha das maiores estudosas da botánica do noso país. Autora da "Guía das setas ou cogumelos comestibles de Galicia" (Xerais 1982), a primeira guía micolóxica en lingua galega, obra pioneira que continuou con "Setas ou cogumelos de Galicia" (Xerais), extraordinario éxito de vendas nas súas tres edicións, e con "Guía dos cogomelos comúns de Galicia" (Xerais 2000). Obras que completou e revisou en "Cogomelos de Galicia e Norte de Portugal" (Xerais 2004), a obra que se pode considerar definitiva sobre a micoloxía galega. Tamén é co-autora, xunto con Luís Freire, da exitosa "Guía das árbores de Galicia" (Xerais 1990) e xunto a Antonio Prunell e Jaime B. Blanco-Dios "Guía das árbores autóctonas e ornamentais de Galicia" (Xerais 2007).