GUIA DOS COGOMELOS COMUNS DE GALICIA

XERAIS - 9788483025420

Biología Micología

Sinopsis de GUIA DOS COGOMELOS COMUNS DE GALICIA

¿Qué son os cogomelos? ¿Cales son as súas características morfolóxicas? ¿Que papel representan na alimentación, na industria ou na medicina moitísimas diversidades de especies? ¿Como cabe diferenciar as comestibles das tóxicas? ¿De que xeito o micófilo pode introducirse en novos campos da micoloxía? No presente libro dáse cumprida resposta a estas interrogantes e outras máis. Marisa Castro, unha rigorosa e coñecida investigadora da botánica do noso país, abre un detallado mapa de coñecementos, que xa comezara, xunto con Luís Freire, con aquel Guía das setas ou cogumelos comestibles de Galicia (Xerais, 1982), continuara con Setas ou cogumelos de Galicia -extraordinario éxito de crítica e de vendas nas súas tres edicións nesta mesma colección-, e que completa agora incluíndo novas especies, novos índices, un mellor tratamento gráfico e unha interesante ampliación no apartado de receitas de cociña. Trátase, xa que logo, dunha obra escrita con seriedade, rigor científico e bo coñecemento de tódolos aspectos que nela se incriminan. Afeccionados, expertos e todo aquel que se interese polo apaixonante mundo da micoloxía galega quedará recoñecido ao meritísimo esforzo realizado pola autora.

Ficha técnica


Editorial: Xerais

ISBN: 9788483025420

Número de páginas: 293

Encuadernación: Tapa dura

Fecha de lanzamiento: 11/05/2001

Año de edición: 2000

Plaza de edición: Vigo

Especificaciones del producto



Escrito por MARISA CASTRO


Marisa Castro, doutora en Bioloxía, profesora da Universidade de Vigo, é unha das maiores estudosas da botánica do noso país. Autora da "Guía das setas ou cogumelos comestibles de Galicia" (Xerais 1982), a primeira guía micolóxica en lingua galega, obra pioneira que continuou con "Setas ou cogumelos de Galicia" (Xerais), extraordinario éxito de vendas nas súas tres edicións, e con "Guía dos cogomelos comúns de Galicia" (Xerais 2000). Obras que completou e revisou en "Cogomelos de Galicia e Norte de Portugal" (Xerais 2004), a obra que se pode considerar definitiva sobre a micoloxía galega. Tamén é co-autora, xunto con Luís Freire, da exitosa "Guía das árbores de Galicia" (Xerais 1990) e xunto a Antonio Prunell e Jaime B. Blanco-Dios "Guía das árbores autóctonas e ornamentais de Galicia" (Xerais 2007).
Descubre más sobre MARISA CASTRO
Recibe novedades de MARISA CASTRO directamente en tu email

Opiniones sobre GUIA DOS COGOMELOS COMUNS DE GALICIA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana