Cóntase, ao longo das súas 60 páxinas ilustradas, a historia da nosa lingua. É un libro de divulgación, cun enfoque humorístico e rigoroso, que, xunto ás ilustracións a dobre páxina e a toda cor, se fai de moi doada lectura.
Estrutúrase arredor de doce períodos:
1) Que lingua falaban en Galiza antes da romanización;
2) A romanización;
3) A lingua de Galiza durante 700 anos;
4) Ao principio, lingua oral;
5) Conversión en lingua escrita;
6) A penetración do castelán;
7) Os Séculos Escuros;
8) A Ilustración;
9) O Rexurdimento;
10) O século XX;
11) A persecución no 36, e
12) A lingua galega hoxe.
Ficha técnica
Editorial: Baia Edicions
ISBN: 9788499950310
Idioma: Gallego
Número de páginas: 59
Tiempo de lectura:
1h 18m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 07/03/2016
Año de edición: 2012
Especificaciones del producto
Escrito por Pepe Carreiro
Publicou debuxos de humor nos seguintes medios: A Voz do Pobo, voceiro do PCG; a tira O fillo de Breogán e co mesmo personaxe fixo O tebeo do pobo; Mundo Obrero e La Codorniz; publicou varias viñetas no semanario Teima e, ao desaparecer este, no diario El Pueblo Gallego a tira " O Galo Camilo " e en Hoja del Lunes de Vigo, unha viñeta política; en Faro de Vigo, no suplemento semanal " A Pizarra " , a tira " Maxistérico " ; en Faro del Lunes, a tira " Canal Privado " ; fundou a revista humorística Can sen dono, da que foi o seu primeiro director; en A Peneira, periódico comarcal, a tira " Robinsón " ; na TVG, no programa A trabe de ouro, a tira " O anano do tesouro " ; no semanario A Nosa Terra, viñetas políticas; en Diario de Galicia, unha viñeta diaria de humor político; foi fundador do semanario satírico XO! a voz que para as bestas; na revista A trabe de ouro, unha viñeta política. Tamén publicou unha viñeta política no diario El Mundo. Creador da serie infantil Os Bolechas (uns 50 títulos publicados en distintas coleccións de A Nosa Terra). Debuxante e guionista da serie de banda deseñada Os Barbanzóns (2 títulos publicados: Baroña ou morte, No solpor da Prehistoria) de Toxosoutos. En marzo do 2005 publica na editorial Fervenza o libro de viñetas de humor Peor que antes, mellor que mañán. No libro de banda deseñada colectivo H2 oil publicou unha páxina sobre o asunto Prestige.