📗 Libro en gallego HISTORIA DA LITERATURA GALEGA CONTEMPORÁNEA

Editorial Galaxia, S.A. - 9788491514213

Historia y crítica de la Literatura Estudios e historiografía

Sinopsis de HISTORIA DA LITERATURA GALEGA CONTEMPORÁNEA

Día das letras galegas 2020 Entre 1808 e 1936, datas decisivas da historia peninsular e, polo tanto, da historia de Galicia, desenvólvese un ciclo da literatura galega que chamamos contemporánea, é dicir, que está ligada ás orixes da vida colectiva dos galegos durante os tempos actuais: séculos XIX e XX. Os acontecementos que marcan ambas as datas sinalan fitos que constitúen sinais de termo moi relevantes no devir histórico de Galicia. A literatura do país, directa ou indirectamente, é testemuño elocuente daquel acontecer. Desde os textos patrióticos e políticos do primeiro terzo do século XIX -que nas vellas formas do academicismo neoclásico e do popularismo ilustrado expresan as recentes ideas ou a oposición ás mesmas- ata as fórmulas vangardistas e as preocupacións polo destino da terra que bolen nos textos escritos nas vésperas xulianas, a lingua galega percorre un breve, pero esgrevio camiño, en procura da súa identidade literaria, ás apalpadelas de primeiras, descubrindo logo e loitando por asimilalos, os precedentes medievais, abalando entre o enxebre dialectalismo e a cobiza de xeneralidade, trompicando aquí, erguéndose alá, nun xurdio esforzo, as máis veces incontrolado, por atopar e rego e o enderezo que converta a fala espontánea en lingua de cultura. Este libro traza a hisotira desde esforzo, sen propósito de apoloxía, senón con ánimo de precisión. Está escrito con evidente amor á materia desde esforzo, sen propósito de apoloxía, senón con ánimo de precisión. Está escrito con evidente amor á materia que trata, pero este amor maniféstase na intención de ser verdadeiro, e non se confunde con ningún obxectivo de exaltación paracientífica. Unha suma benfaturenta de datos novos foi arrecadada para fornecer firmeza ás páxinas do volume, xa que en moitos aspectos o autor decruou as leiras que lle correspondía cultivas; polo que a obra é de investigación persoal máis que de síntese de traballos anteriores.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788491514213

Idioma: Gallego

Número de páginas: 896
Tiempo de lectura:
21h 31m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 31/01/2020

Año de edición: 2020

Plaza de edición: Vigo

Colección:
Varios

Número: 137
Alto: 23.5 cm
Ancho: 16.5 cm
Peso: 1.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Ricardo Carballo Calero


Descubre más sobre Ricardo Carballo Calero
Recibe novedades de Ricardo Carballo Calero directamente en tu email

Opiniones sobre HISTORIA DA LITERATURA GALEGA CONTEMPORÁNEA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana