Na presente edición da Historia de Galicia, o lector poderá atopar as claves que outorgan a este pequeno recuncho de Europa Occidental, a categoría de nación. Debúllase polo miúdo a súa formación, os seus sucesivos poboadores, o seu esplendor, o seu declive e o seu reverdecer. Analízase o país desde un punto de vista real, chegando á inferir que iste maravilloso pulmón verde, bañado polo Atlántico e vertebrado por infinidade de veas cargadas de auga pura, precisa ser despexado para poder xerar riqueza. Logo dunha longa e negra travesía, os movementos culturais e socio-políticos do século xx, permítenos agardar un futuro alentador para unha terra con enorme potencial económico, turístico e cultural.
Voando sobre o país, traballando por el adiante, gozando da súa gastronomía, mergullándose nas súas praias, chimpándose nos seus ríos, bebendo das súas fontes, perdéndose nas súas carballeiras, choutando nas súas festas se mire por onde se mire, Galicia é un espectáculo; só cómpre mimar certos matices, para converter esta terra nun referente mundial, e iso é o que se trata de amosar neste libro.
Ficha técnica
Editorial: Edicions Do Cumio
ISBN: 9788482894911
Idioma: Gallego
Número de páginas: 328
Tiempo de lectura:
7h 48m
Encuadernación: Tapa blanda con solapas
Fecha de lanzamiento: 27/10/2015
Año de edición: 2015
Plaza de edición: España
Peso: 1.0 gr
Especificaciones del producto
Opiniones sobre HISTORIA DE GALICIA
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!