Unha badalada solitaria da Berenguela, a campá principal da Catedral, indicoulle a Sara que era o momento de volver á casa para a comida. Así que se despediu dos amigos cos que xogaba á biscura polos soportais da Rúa do Vilar e, abrazando forte a coella de trapo coa que súa nai a agasallara ao pouco de nacer e á que non deixaba por moito que xa estivese ben deteriorada, botou a andar cara ao seu fogar. Quedounos sen dicir que unha das primeiras palabras que pronunciara Sara cando arrincou a falar fora o nome da coella: Mimia. Na praza das Praterías escoitou o burbullar da auga da fonte e, cando mirou para ela, deuse conta de que Branco de Cores estaba a chiscarlle un ollo, así que decidiu achegarse ata o seu amigo para saudalo. -¿Onde vas con tanta présa? –preguntou o cabalo balanceando no ar a súa cola de cores…
Ficha técnica
Editorial: Sotelo Blanco Edicions
ISBN: 9788478245383
Idioma: Gallego
Número de páginas: 27
Encuadernación: Tapa dura
Fecha de lanzamiento: 31/01/2008
Año de edición: 2007
Especificaciones del producto
Escrito por Miguel Vila Pernas
Miguel Vila Pernas é xornalista de temas gastronómicos en prensa e radio, ademais de cociñeiro. Autor do primeiro blog sobre cociña e literatura gastronómica en galego (www.colineta.com), ten publicado os libros Olería tradicional en Galicia (1998), Diccionario galego de gastronomía (1999), Caldeirada para dous(mortos) (2003), O crime de Santa Cruz do Valadouro (2004), A cociña de Merlín (2006) e A cociña do Entroido e San Xoán (Xerais 2006).