Entanto o tradicional entroido galego está en decadencia a favor dun carnaval unificado que nos transporta a celebracións afastadas da nosa cultura, a cociña do entroido conserva, por fortuna, todo o seu esplendor secular, de xeito que hoxe contamos cunha verdadeira cociña galega do entroido.Miguel Vila Pernas ofrecenos, con rigor e amenidade, un libro practico que debulla a cociña do entroido (co porco como protagonista da mesa) e mais a cociña do San Xoan (evocada polas sardiñadas e os churrascos), pescudando na tradicion e na cultura propias, sen esquecer as materias primas e ofrecendo un amplo receitario para cociñar, na casa os mais diversos pratos.Para o entroido: o cocido, o lacon con grelos, a androlla, as filloas e freixos, as orellas de frade, as rosquillas, o tripon doce, o bandullo, etc. E para o San Xoan: as sardiñas, cos seus diversos xeitos de preparalas (asadas, en escabeche, recheas, guisadas, rebzadas, cocidas con patacas, salgadas, en tortilla) e as receitas para a grella (churrascos, costelas, chourizos, polbo a grella, luras, paspallases, espetadas, cordeiro en brochetas, etc.).Entanto o tradicional entroido galego está en decadencia a favor dun carnaval unificado que nos transporta a celebracións afastadas da nosa cultura, a cociña do entroido conserva, por fortuna, todo o seu esplendor secular, de xeito que hoxe contamos cunha verdadeira cociña galega do entroido.Miguel Vila Pernas ofrecenos, con rigor e amenidade, un libro practico que debulla a cociña do entroido (co porco como protagonista da mesa) e mais a cociña do San Xoan (evocada polas sardiñadas e os churrascos), pescudando na tradicion e na cultura propias, sen esquecer as materias primas e ofrecendo un amplo receitario para cociñar, na casa os mais diversos pratos.Para o entroido: o cocido, o lacon con grelos, a androlla, as filloas e freixos, as orellas de frade, as rosquillas, o tripon doce, o bandullo, etc. E para o San Xoan: as sardiñas, cos seus diversos xeitos de preparalas (asadas, en escabeche, recheas, guisadas, rebzadas, cocidas con patacas, salgadas, en tortilla) e as receitas para a grella (churrascos, costelas, chourizos, polbo a grella, luras, paspallases, espetadas, cordeiro en brochetas, etc.).
Ver más