Este libro naceu da envexa e das soidades de quen perdeu a relixión. Da falta da palabra sagrada e do ritual, da falta da linguaxe. Naceu de quen sabe que o oficio de escribir lle deu confianza no poder das palabras. Fiando nese poder máxico, Suso de Toro ofrece a posibilidade de ordenar as nosas vidas e vivir ritualmente os momentos necesarios, dándolles así sentido e transcendencia: o nacemento, o nome que levamos, a despedida de quen marcha, o casamento, os coidados, os lugares especiais... Estar orfos dun deus obríganos a procurarmos a maxia e o divino necesarios para unha vida ser vivida. Humildar é unha procura.Este libro naceu da envexa e das soidades de quen perdeu a relixión. Da falta da palabra sagrada e do ritual, da falta da linguaxe. Naceu de quen sabe que o oficio de escribir lle deu confianza no poder das palabras. Fiando nese poder máxico, Suso de Toro ofrece a posibilidade de ordenar as nosas vidas e vivir ritualmente os momentos necesarios, dándolles así sentido e transcendencia: o nacemento, o nome que levamos, a despedida de quen marcha, o casamento, os coidados, os lugares especiais... Estar orfos dun deus obríganos a procurarmos a maxia e o divino necesarios para unha vida ser vivida. Humildar é unha procura.
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788491211938
Idioma: Gallego
Número de páginas: 48
Tiempo de lectura:
1h 2m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 06/04/2017
Año de edición: 2017
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - LIBROX
EDICIÓN LITERARIA - LIBROX
Alto: 20.5 cm
Ancho: 13.0 cm
Grueso: 0.5 cm
Peso: 71.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Suso de Toro
Suso de Toro (Santiago, 1956) é licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. En 2003 foille concedido o Premio Nacional de Narrativa. Como narrador publicou: "Caixón desastre" (1983, 1991), relatos, Premio Galicia da Universidade de Santiago; "Polaroid" (1986, 2021), relatos, Premio da Crítica Galicia; "Land Rover" (1988), novela; "Ambulancia" (1990, 2023), novela; "Tic-Tac" (1993, 2003), novela, Premio da Crítica Española 1994; "A sombra cazadora" (1994/2024), novela; "Conta saldada" (1996, 2017), novela; "Calzados Lola" (1997), novela, Premio Blanco Amor; "Círculo" (1998), relatos; "Non volvas" (2000), novela, Premio da Crítica Española; "Trece badaladas" (2002), novela, adaptada libremente ao cine por Xavier Villaverde co título homónimo (2003) e Premio Nacional de Narrativa; "Morgún (Lobo Máxico)" (2003), novela; "Home sen nome" (2006), novela; "Sete palabras" (2009), novela; "Somnámbulos" (2014), relatos; "Fóra de si" (2018), novela; "Un señor elegante" (2020), novela; "O segredo de Joseph Haydn" (2024), novela e «Conta, Sherezade» (2025), novela. Escribiu, entre outros, libros de xornalismo e ensaio: "F.M." (1991), "Camilo Nogueira e outras voces. Unha memoria da esquerda nacionalista" (1991), "O país da brétema" (2000, Xerais 2016), "A carreira do salmón" (2001), "Nunca máis Galiza á intemperie" (2002), "Españois todos" (2004), "Ten que doer" (2004), "Outra idea de España" (2005), "Outra Galiza" (2008), "Inmateriais. Vidas da nosa historia" (2013), "Humildar. Rituais despois de deus" (2017), "Dentro da literatura" (2019) e "Descubrindo Ana Pontón" (2023). Publicou ademais a obra de teatro "Unha rosa é unha rosa" (1997, 2023) e "Servicio de urxencias" (2002), guións de televisión.