Sinopsis de IMPERIOS E DANZAS: AS ESPAÑAS PLURAIS DO FRANQUISMO
PREMIO RAMÓN PIÑEIRO DE ENSAIO 2020 Houbo un rexionalismo franquista? Nos fascismos europeos tamén persistiron, con diversos graos de intensidade e diversas manifestacións, un discurso e unha praxe da pluralidade etnoterritorial, compatíbel cun valor supremo, a centralidade dunha nación. En España, o nacemento do fascismo estivo ligado a unha reacción contra dos nacionalismos subestatais e a un desexo de reestruturar a relación histórica entre Estado e nación, e por tanto a inserir novas compoñentes que reflectisen a súa variedade interna, aínda que non en clave política. Este ensaio analiza o papel e a posta en escena das identidades subestatais, tanto rexionais coma locais, por parte do réxime franquista. O historiador Xosé M. Núñez Seixas estuda a relación entre diversidade territorial e fascismo até a Guerra Civil, os debates sobre a estrutura do Estado durante o primeiro franquismo, o papel reservado aos idiomas diferentes do castelán, as narrativas históricas, xurídicas e os discursos sobre a paisaxe, a relevancia do folclore e dos Coros y Danzas e, finalmente, a evolución da cuestión rexional durante os últimos anos do réxime.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788491516316
Idioma: Gallego
Número de páginas: 286
Tiempo de lectura:
6h 47m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 25/05/2021
Año de edición: 2021
Plaza de edición: Es
Colección:
Ensaio
Ensaio
Número: 109
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Especificaciones del producto
Escrito por Xosé M. Núñez Seixas
Xosé M. Núñez Seixas (Ourense, 1966) estudou Historia nas Universidades de Compostela e Dijon, e doutorouse no Instituto Universitario Europeo de Florencia. Catedrático de Historia Contemporánea na USC, entre 2012 e 2017 foino tamén da Universidade Ludwig-Maximilian de Múnic, e profesor convidado no Colexio de Europa (Natolin) e nas universidades de Stanford, París VII e Turín, entre outras. As súas pescudas céntranse na historia comparada e transnacional dos nacionalismos e as identidades territoriais en Europa, os estudos migratorios, a historia sociocultural da guerra e a memoria das ditaduras. Entre as súas obras máis recentes, salientan O soño da Galiza ideal. Estudos sobre exiliados e emigrantes galegos (Galaxia, 2016), Camarada invierno. Experiencia y memoria de la División Azul (2016), Suspiros de España. El nacionalismo español 1808-2018 (2018, Premio Nacional de Ensayo, 2019), Guaridas del lobo. Memorias de la Europa autoritaria (2021), Imperios e danzas. As Españas plurais do franquismo (Galaxia, 2021, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2020) e Volver a Stalingrado. El frente del Este en la memoria europea (2022, Premio W. Benjamin de Ensaio 2021).