A historia de Frank López -Francisco López García (1885-1967), natural de Bemantes, Miño- non é unha historia común, nin sequera dende os parámetros lexibles en que se moveron os anarquistas de orixe galega nos Estados Unidos. Mais, como escribir sobre alguén que apenas axiste? Aínda así, pode resultar de interese a historia dun simple individuo para explicar a traxectoria transnacional dun movemento, como o dos anarquistas galegos, e peninsulares, que, localizado nos Estado Unidos, tamén estendeu os seus brazos pola súa contorna xeográfica, nunha sorte de intercambio propagandístico, financeiro e axitador que o mantivo vivo e vixente durante os primeiros trinta anos do século XX. Bieito Alonso ofrécenos en "Inimigos ás portas. Frank López e o anarquismo global" un material de extraordinario interese que nos achega a unha desas moitas persoas, nadas en Galicia, que desenvolveron un papel singular nalgún dos acontecementos históricos máis relevantes do primeiro terzo do século pasado.
Ficha técnica
Editorial: Editorial Galaxia, S.A.
ISBN: 9788411762144
Idioma: Gallego
Número de páginas: 288
Tiempo de lectura:
6h 50m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 16/03/2024
Año de edición: 2024
Plaza de edición: Vigo
Colección:
Ensaio
Ensaio
Número: 129
Alto: 23.0 cm
Ancho: 14.8 cm
Grueso: 1.5 cm
Peso: 447.0 gr
Especificaciones del producto
Opiniones sobre INIMIGOS ÁS PORTAS
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!