Sinopsis de INTELECTUAIS MARXISTAS E MILITANTES COMUNISTAS EN GALICIA (1926-2006)
Fálase neste libro de intelectuais galegos que reflexionaron en Galicia desde o marxismo, algúns deles investigados por primeira vez, e fálase de homes e mulleres que, antes e despois da Guerra Civil, protagonizaron accións -heroicas algunhas- contra as malfeituras da sociedade desde postulados e inquedanzas comunistas. Tamén nestes capítulos hai achegas novas. Nunhas e noutras páxinas, como é habitual na pedagoxía literaria do profesor Alonso Montero, adúcense e ofrécense textos reveladores case descoñecidos, ademais dun documento inédito extraordinariamente significativo, a "acta" orixinal da Iª Asemblea de intelectuais do PCG (marzo de 1977).Fálase neste libro de intelectuais galegos que reflexionaron en Galicia desde o marxismo, algúns deles investigados por primeira vez, e fálase de homes e mulleres que, antes e despois da Guerra Civil, protagonizaron accións -heroicas algunhas- contra as malfeituras da sociedade desde postulados e inquedanzas comunistas. Tamén nestes capítulos hai achegas novas. Nunhas e noutras páxinas, como é habitual na pedagoxía literaria do profesor Alonso Montero, adúcense e ofrécense textos reveladores case descoñecidos, ademais dun documento inédito extraordinariamente significativo, a "acta" orixinal da Iª Asemblea de intelectuais do PCG (marzo de 1977).
Ficha técnica
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 9788497825313
Idioma: Gallego
Número de páginas: 616
Tiempo de lectura:
14h 45m
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 19/02/2007
Año de edición: 2007
Plaza de edición: Es
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Memoria
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Memoria
Alto: 21.9 cm
Ancho: 14.6 cm
Grueso: 4.3 cm
Peso: 892.0 gr
Especificaciones del producto
Escrito por Xesús Alonso Montero
Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), filólogo, ensaísta e polígrafo, catedrático emérito da USC e doutor honoris causa pola UNED, foi presidente da Real Academia Galega (2013-2017). A súa ampla obra abrangue distintos campos temáticos, entre as que se poden salientar: Informe –dramático– sobre la lengua gallega (1973), As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane (1994), Oteriana (Galaxia, 2000), Curros Enríquez no franquismo (1936-1911) (2003), Laio polo irmán ausente. Castelao no epistolario de Otero Pedrayo e outras voces (Galaxia, 2006), A batalla de Montevideo (2003), Os escritores galegos ante a Guerra Civil española. 1936-1939 (Galaxia, 2001), Ramón Piñeiro ou a reinvención da cultura galega (Galaxia, 2009) Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo (2011, Premio Losada Diéguez, 2012) e Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra, na guerra e no exilio (Antoloxía poética) (Galaxia, 2022).