📗 Libro en gallego LACAN EN COMPOSTELA

LAIOVENTO - 9788484876441

Estudios lingüísticos Estudios y ensayos

Sinopsis de LACAN EN COMPOSTELA

Este libro podería ser visto como unha tentativa de psicanalizar a cultura galega a través dun dos seus buques insignia: a tradición literaria. Mais non se trata de curar nada, na medida en que, en puridade, non hai posibilidade de transferencia a un suxeito que é unha entelequia, de tan plural e polimorfo, mais si de percibirmos síntomas, de irmos recollendo un por un aqueles aspectos que semellan ter unha certa relevancia, dándolles nome, sinalándoos, por medio dun conxunto de disciplinas que exceden con moito a psicanálise mais que se sitúan á súa beira e en contacto moi estreito dentro do ámbito xeral da humanística. Lugares aos que chegamos por medio da filoloxía, da teoría literaria, da socioloxía, da lingüística, da hermenéutica, da filosofía, aprendices de todo e mestres de nada, nun exercicio que é, sobre todo, un exercicio teórico mais tamén de escrita e de estilo. Entendemos que hai unha perspectiva sincrónica enganosa que non debe esquecer a propia diacronía. E que esta forclusión, cando se dá en tanto que olvido traumático, cabe entendela xa como un sinal significativo, un enunciado que demanda ser escoitado."M.F.

Ficha técnica


Editorial: Laiovento

ISBN: 9788484876441

Idioma: Gallego

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 19/06/2023

Año de edición: 2023


Especificaciones del producto



Escrito por MANUEL FORCADELA


Manuel Fernández Álvarez (Tomiño, 1958). Doutor en Filoloxía. Profesor da Facultade de Filoloxía da Universidade de Vigo. Como ensaísta e estudioso da literatura ten publicado: A harpa e a terra. Unha visión da poesía lírica de Eduardo Pondal (Xerais 1988), Guía de lectura de A Esmorga (1991); Manual e Escolma da Nova Narrativa Galega (1993); A poesía de Eduardo Pondal (1994) e a edición crítica da Poesía de Eduardo Pondal (Xerais 1988). Como poeta: Ferida acústica de río (1982), Premio Celso Emilio Ferreiro; O regreso das ninfas (1985); O varredor en outono (1987), Premio Leliadoura; Nausícaa (1992); Profecía (1993); Morte do fadista (2000); Refutación da musa (2001); Lámpada e medusa (2002), Premio Esquío.Como narrador: Paisaxe con muller e barco (Xerais 1990), Premio de novela García Barros; Sangue sobre a neve (1990), novela, con traducción para o catalán; Barato, barato (1991), novela; Contos interruptus (1992); Fóra de xogo (1993), novela; Anxélica (1994); A equipaxe do azar (1994); A armada invencible (1996), novela.
Descubre más sobre MANUEL FORCADELA
Recibe novedades de MANUEL FORCADELA directamente en tu email

Opiniones sobre LACAN EN COMPOSTELA


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

Los libros más vendidos esta semana