📗 Libro en gallego LAURA NO DESERTO

(2)

Editorial Galaxia, S.A. - 9788498653953

(2)
Literatura en gallego Narrativa en gallego

Sinopsis de LAURA NO DESERTO

Compostela, Barcelona, Europa durante a Segunda Guerra Mundial, Nova York a fins do século XX, son os escenarios dunha obra narrativa que ergue un sólido universo e entra na alma dos personaxes para nos falar cunha voz intensa sobre a identidade, a culpa, o amor ou a liberdade. A nova novela de Riveiro Coello iníciase na primavera de 1982 en Barcelona co achado dunha carta e vai espallando a súa trama por Compostela, Nova York e a Pobra do Caramiñal. O autor de As rulas de Bakunin consegue artellar unha novela na que aventura vital, epopea social e interese narrativo se xuntan. As historias de Diana, que na Barcelona de 1982 atopa unha carta onde se descobre un pasado familiar ata daquela agochado; a dos últimos días da vida dun intelectual en Compostela, que lega ao seu fillo un enigma aínda non resolto; os intentos de Bob, un fotógrafo retirado de Brooklyn, por salvar a Bernie, un amigo que probou o suicidio, e a historia do destino ignoto dunha muller que se debate por conservar os últimos gromos da memoria. Velaquí unha trama na que a resolución das liñas narrativas lle pide tamén ao lector ou lectora un posicionamento perante o narrado que o ha implicar ineludiblemente na novela. Escrita co característico estilo preciso e envolvente de Riveiro Coello, Laura no deserto é unha das grandes achegas narrativas da novela galega contemporánea.

Ficha técnica


Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

ISBN: 9788498653953

Idioma: Gallego

Número de páginas: 732
Tiempo de lectura:
17h 34m

Encuadernación: Tapa blanda

Fecha de lanzamiento: 24/10/2011

Año de edición: 2011

Plaza de edición: Vigo

Colección:
Literaria

Número: 302
Alto: 21.0 cm
Ancho: 13.5 cm
Peso: 843.0 gr

Especificaciones del producto



Escrito por Antón Riveiro Coello


(Xinzo de Limia,1964) es uno de los escritores más premiados y prestigiosos de los surgidos en los últimos años en la literatura gallega. Autor de más de una docena de libros de éxito como A quinta de Saler, Animalia, Homónima, Casas Baratas, A esfinxe de amaranto o Os ollos de K, entre otros, ha logrado, con sucesivas reediciones de sus obras, la fidelidad de miles de lectores que sitúan a Los hijos de Bakunin (XII Premio Manuel García Barros) en el lugar privilegiado de las grandes novelas de la literatura gallega.
Descubre más sobre Antón Riveiro Coello
Recibe novedades de Antón Riveiro Coello directamente en tu email

Opiniones sobre LAURA NO DESERTO


¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!

(2) comentarios

4.5/5

(1)

(1)

(0)

(0)

(0)


Ordenar por:

2 opiniones de usuarios


Maral

17/03/2022

Tapa blanda

Unha obra que non deixa desertas ás emocións e lémbranos que, o espanto segue afiando os nosos pasos.


Albeitar c. v

05/09/2012

Tapa blanda

Un libro fascinante, que engancha dende o primeiro momento.


Ver todas las opiniones (2)

Los libros más vendidos esta semana