Sinopsis de LEVANTAR A PALETILLA CAIDA: MEDICINA INTEGRADA TRADICION GALEGA
Esta obra xorde a partir de preguntas que levan anos sendo pronunciadas no eido da medicina tradicional galega: «Que é a paletilla? Que é iso de ter a paletilla baixa? É un óso? É algo que sae fóra do sitio?» A partir das facetas profesionais da autora -fisioterapeuta e antropóloga- así como a súa posición de neta e bisneta de levantadores de paletilla, iníciase esta investigación que tenta achegar novas respostas non só a cuestións antigas senón tamén a problemas actuais. Así, a obra convida a unha reflexión sobre o estado actual da medicina, dos seus baleiros, e como volvendo a ollada a outras formas de entender a saúde e a enfermidade se pode axudar a enchelos. A partir das lembranzas dunha infancia medrando co ritual e de entrevistas aos seus praticantes, a autora lévanos da man polos camiños da mitoloxía, a medicina e a espiritualidade. De xeito transversal aparece na obra un pouso existencial, sobre os eternos dilemas de quen somos, de onde vimos e cara a onde vamos.
Ficha técnica
Editorial: Publicacions Da Fundacion Vicente Risco
ISBN: 9788412930078
Idioma: Gallego
Número de páginas: 170
Encuadernación: Tapa blanda
Fecha de lanzamiento: 03/02/2026
Año de edición: 2025
Alto: 21.0 cm
Ancho: 15.0 cm
Especificaciones del producto
Opiniones sobre LEVANTAR A PALETILLA CAIDA: MEDICINA INTEGRADA TRADICION GALEGA
¡Sólo por opinar entras en el sorteo mensual de tres tarjetas regalo valoradas en 20€*!